sábado, 22 de setembro de 2007

Sumándonos


Pasos para poder editar directamente:
1. Abrir unha conta de correo co nome que lle corresponda a cada grupo. [Xa está creada]
2. Acceder a blogger (a través desta ligazón ou premendo no botón situado no sidebar dereito) e introducir ese correo coa súa clave.
3. Crear un artigo segundo as indicacións recibidas.
4. Incluír na entrada unha imaxe adecuada ao contido e as ligazóns que se precisen (unha cando menos). Deste xeito:
  • Introducir unha imaxe. Localizamos e copiamos o url da imaxe, prememos nesta icona ( ) e pegamos. Tamén se pode subir directamente dos nosos arquivos.
  • Crear unha ligazón. Seleccionamos o texto no que queremos que apareza, collemos o enderezo web, prememos nesta icona ( ) e pegámolo.
As imaxes non propias procúranse nun buscador como Google ou en bancos como Flickr.
5. Publicar e ver o blogue. Se se quere modificar algo (reaxustar o tamaño da imaxe, crear un novo parágrafo...), escóllese a entrada e edítase.

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

Comezo de curso


Aquí se enceta Dis ti!, blogue (ou blog ou caderno de bitácora) destinado a organizar e recoller boa parte do traballo de todos os grupos de terceiro na materia de lingua galega e literatura.
Tentaremos subir os produtos dos nosos proxectos (creacións, reportaxes, podcast, rotas...), reflexións propias, fotos e todo canto entendamos que ten interese educativo.
Que non habemos ser quen? Dis ti!

Imaxe tomada de http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/
Pobra_GDFL_0507_001.JPG/800px-Pobra_GDFL_0507_001.JPG