sexta-feira, 30 de maio de 2008

Brais Fernández e Xavier Mugardos cativáronnos...

... con acenos vigorosos, cunha mirada vivencial á historia, cos acordes axustados, coa forza expresiva que recupera a palabra.
Temos información sobre anteriores espectáculos destes verdadeiros dinamizadores culturais no blogue Consello de Galeg@s Ilustres e do último proxecto de Mugardos xunto coa compositora guaraní Natalia Carossi en O Blogue do Pub Muinho de Louro (onde atopamos tamén información moi recomendábel sobre a lingua guaraní).
Para escoitar, Vira-Vira:









domingo, 25 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa II





Esta viñeta cómica de prensa galega, en concreto de Galicia Hoxe, usa un humor crítico cara ás actitudes da humanidade e o seu mal uso das novas tecnoloxías, coas que incrementamos o risco do cambio climático. Fai unha sátira social con respecto á rápida chegada deste grave problema, xa que indica que en 100 anos volveremos á rústica Idade Media de novo, polo tanto será un atraso no tempo para nós e os nosos descendentes. Usan esta viñeta para reflectir o mal estado do mundo, e o pouco considerados que somos, xa que valoramos moi pouco o que temos e o que chegaremos a ter. O cambio climático é moi grave na nosa sociedade, cada vez increméntase máis.
Utilizan a animalización, empregan o uso das moscas, que é un animal moi pouco apreciado. O mundo aparece nun tamaño máis pequeno có real e as moscas máis grandes. Queren dicir con isto que o mundo é máis pequeno co cambio climático e que ata as moscas son máis grandes ca nós, xa que somos os causantes de que o mundo estea así.

Para informarse sobre a situación a través da opinión da Organización Galega "Rede de Observación Ambiental de Galicia", atopamos novas nesta ligazón.

quarta-feira, 14 de maio de 2008

Xosé María Álvarez Blázquez



Información e actividades sobre o poeta, aquí.

sexta-feira, 9 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa



Esta viñeta refírese ó conflito existente nestes momentos entre Esperanza Aguirre (presidenta da Comunidade de Madrid) e o presidente do Partido Popular Mariano Rajoy. O que ocorre é que hai rumores sobre que Esperanza Aguirre ten intención de presentarse para substituír a Rajoy no congreso do partido en Xuño.

Co título "Andan na procura da "paz" interna" e os debuxos de Mariano e Esperanza cuns narices moi longos (dando a entender que os dous menten) e cun "P" afiado agochado nas costas (referíndose ás siglas do partido e á inicial da palabra paz, presente no título) o autor quere expresar as falsidades e o conflito existente, así como a competividade que en realidade existe entre os dous políticos.

Ligazón á noticia á que se refire a viñeta.

Tamara (3ºB)