segunda-feira, 14 de janeiro de 2008


1. Para coñecer o máximo número posible de linguas no noso contorno, recomendámoslle que pasen por:

- Cataluña: impulsa a recuperar falantes o seu goberno. O catalán é lingua cooficial en Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andorra. É respaldada por institucións e sociedade.


-Galiza: Non recupera falantes, aínda que posúe un recoñecemento legal e social.

-Occitano: Está en perigo, pero aínda conta con moitos falantes. É recoñecida co nome de aranés en Lleida.

-País Vasco: A súa lingua, o basco, constitúe á unha sociedade pequena pero posúe recoñecemento legal é respaldado das institucións ou sociedade. A lingua cooficial no País Basco e Nafarroa.

-Asturias: Está en vías de extinción. So é recoñecida a variante mirandés en Portugal.

-Aragonés: En vías de extinción (con moi poucos falantes).O aragonés con 23.000 falantes é unha lingua, pouco recoñecida como o asturiano con 150.000-5000.000 falantes tamén está en vías de extinción.

3. Galiza: É onde se emprega o galego en tódolos ámbitos sociais do seu territorio, ten un recoñecemento constitucional ou legal e con presenza no sistema educativo e nos medios (ten un grao de protección limitada). A partir da segunda metade do século XIV, á penetración do castelán foi aumentando na literatura e na administración ao mesmo tempo o cultivo escrito da lingua foi diminuíndo ata mediados do século XVI (case desaparecera de todo).

No século XIX co Romanticismo onde se produciu o rexurdimento das letras galegas e cando comezou o actual movemento de reivindicación lingüística que no século XX se esforzou para acadar a normalización da lingua.

Aquí se mostran unhas páxinas de medios de comunicación en galego na rede: A Nosa Terra, Galicia Hoxe e Vieiros.

4.Recomendámoslles ós pasaxeiros que fagan este camiño para coñecer as diferentes linguas de diversas comunidades de España. As comunidades minorizadas teñen dereito a desenvolveren a súa vida na súa lingua, por iso, en Galiza realízase por exemplo o día das letras galegas para recuperar o uso social desta lingua.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Expresa a túa opinión, mais con boa letra! Todos os comentarios insultantes ou, simplemente, despectivos serán eliminados.