segunda-feira, 14 de janeiro de 2008

^^_Percorrido0 Galiza- bruxelas_^^

(ARaGóN) ZARAGOZA


Se vostede quere ir dende Galiza ata Bruxelas coñecendo todas as linguas minorizadas tera que facer este percorrido:

1) Galiza (galego, falada por 2.500.000 persoas. Ten un grao de protección limitado, lingua cooficial en galiza).

2) Asturias (asturiano, leonés, falado por 150.000-500.000 persoas. Está en vías de extinción. So é recoñecida a variante mirandesa en Portugal).

3) País basco (vasco, éuscaro, eusquera, basco, falada por 600.000 persoas. Constitúe unha comunidade pequena. Cun grao de protección limitado. Lingua cooficial no País Basco e Nafarroa).

4) Aragón (aragonés, falado por 23.000 persoas. En vías de extinción sen recoñecemento legal e con moi poucos falantes).

5) Cataluña (catalán,falado por 8.000.000 persoas. Con suficiente grao de protección e cooficial. Ten un goberno autónomo que a impulsa. Lingua cooficial en Cataluña, Illas Baleares, Valencia e Andorra).

6) Provenza (occitano, lingua d´oc provenzal. En perigo e sen recoñecemento legal, pero con moitos falantes).

ESPECIAL ARAGÓN

O Aragonés é tamén chamado Fabla. Fálase nos vales Pirenaicos do Norte de Aragón. Esta lingua é da familia románica. É falada por 50.000 persoas. Ten un estatus non oficial.- Historia: Até o século XIV avanza ó ritmo da " reconquista" cara ó sur Foi progresivamente desprazada polo español. Hoxe en día, sen cobertura legal nin apoio institucional, padece un proceso de hibridación co español.

-GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN!!

Um comentário:

  1. Quando se diz: lingua cooficial en Cataluña, Illas Baleares, Valencia e Andorra
    Deveria de dizer: lingua cooficial en (...), Valencia. Única língua oficial na Andorra.

    ResponderExcluir

Expresa a túa opinión, mais con boa letra! Todos os comentarios insultantes ou, simplemente, despectivos serán eliminados.