segunda-feira, 14 de janeiro de 2008

Xanela do coche.



O camiño que che recomendamos pasa por: Galiza, Asturias, Pais Vasco, Aragón, Cataluña e sur de Francia; despois baixas a xanela do coche e preguntas.

Por este camiño encontrarás as seguintes linguas minorizadas: galego, asturiano, basco, aragonés, catalán e occitano.

O total de falantes de cada lingua: o galego conta con 2.500.000; o asturiano con 150.000 falantes; o éuscaro conta con 600.000 falantes; o aragonés con 23.000 falantes; o catalán con 8 millóns; e o occitano con de 1.oo0.000-3.000.000.


Recomendamos especialmente pararse no territorio catalán.

Hoxe en día, a situación da lingua catalá no Estado español é a seguinte: malia que o recoñecemento legal do cal goza é importante, é menor que o que ten o castelán. A eficacia da política lingüística levada a término nos Países Cataláns, abondo pouco coordinados neste aspecto, reséntese desta inferioridade legal e da actitude das autoridades estatais, desfavorable á diversidade lingüística.

Fóra do Estado español, a situación é diferente segundo o territorio do cal se trate. En Andorra, aínda que o catalán é a única lingua oficial do Estado, as condicións lingüísticas son semellantes ás do Principado de Cataluña. Na Cataluña Norte e na cidade do Alguer, incluídas en estados tradicionalmente contrarios tamén á diversidade lingüística e separadas do resto dos Países Cataláns, a lingua atópase en pleno proceso de substitución, malia unha certa presenza na escola e a existencia de asociacións que se preocupan da lingua.

A presenza do catalán na rede é importante, como mostran diarios dixitais como Avui.

A diversidade lingüística permite coñecer outras formas de entender o mundo, dispoñernos para o uso de varias linguas. Ademais, as comunidades minorizadas teñen dereito a desenvolver a súa vida na súa lingua.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Expresa a túa opinión, mais con boa letra! Todos os comentarios insultantes ou, simplemente, despectivos serán eliminados.