Información e actividades sobre o poeta, aquí.



- TAREFA VI
Realizade as actividades do caderno de prensa Xornalistas con xornalistas.
quarta-feira, 14 de maio de 2008
Xosé María Álvarez Blázquez
Publicado por
xano
en
22:44
0
comentarios
Etiquetas: 3ºB
sexta-feira, 9 de maio de 2008
As nosas viñetas da prensa
Esta viñeta refírese ó conflito existente nestes momentos entre Esperanza Aguirre (presidenta da Comunidade de Madrid) e o presidente do Partido Popular Mariano Rajoy. O que ocorre é que hai rumores sobre que Esperanza Aguirre ten intención de presentarse para substituír a Rajoy no congreso do partido en Xuño.
Co título "Andan na procura da "paz" interna" e os debuxos de Mariano e Esperanza cuns narices moi longos (dando a entender que os dous menten) e cun "P" afiado agochado nas costas (referíndose ás siglas do partido e á inicial da palabra paz, presente no título) o autor quere expresar as falsidades e o conflito existente, así como a competividade que en realidade existe entre os dous políticos.
Ligazón á noticia á que se refire a viñeta.
Tamara (3ºB)
Publicado por
xano
en
14:11
0
comentarios
Etiquetas: 3ºB
sábado, 12 de abril de 2008
Lemos a prensa
Do venres 28 de marzo de 2008 escollemos a noticia referente ás medidas que a Vicepresidencia da Xunta prevé aplicar ante o malestar veciñal provocado polo reacollemento de familias xitanas en determinadas vilas e barrios galegos procedentes de asentamentos chabolistas problemáticos.
Este tema, complexo e polémico, ten un grande interese social, posto que conflúen posturas enfrontadas, nalgún caso claramente racistas, á hora de entender como erradicar a marxinación dunha parte do colectivo xitano galego. A aposta do goberno é lograr a reintegración social de chabolistas xitanos mediante poboados de transición, proposta lanzada polo vicepresidente Quintana logo da violenta oposición de certos veciños dos contornos nos que foran realoxadas familias procedentes de poboados marxinais.
O xornal Galicia Hoxe, máis conservador, outórgalle a esta cuestión unha relevancia moito maior cós demais medios, ao constituír a noticia principal de portada e ocupar unha extensión considerábel. En Vieiros tamén ten certa relevancia, onde provoca, por certo, dez comentarios dos lectores.
A respecto do enfoque, atopamos diferenzas notábeis entre os xornais, aínda que en ningún se aprecia unha postura contraria ao goberno e non se considera en ningún caso a opinión da veciñanza. En Galicia Hoxe destácase a posición do alcalde de Pontevedra a favor do plan de Quintana, aínda que con condicións, e dáselles voz tamén a outros protagonistas políticos e sociais. Vieiros e A Nosa Terra focalizan, en cambio, a aceptación por parte do presidente Touriño do plan da Vicepresidencia. E en GZnación, o xornal máis próximo á ideoloxía do partido de Quintana, recóllese o apoio incondicional que a Asociación do Pobo Xitano lle dá á proposta do vicepresidente.
Outra noticia fala sobre un pesqueiro que atopou os restos dun cadáver xunto á costa de Doniños (Ferrol). O mariñeiro "Francisco Javier" localizou o corpo, en avanzado estado de descomposición, arredor das 8 da mañá mentres subía as redes. Unha vez en terra, a Garda Civil fíxose cargo dos restos sen vida, e un xuíz tomou dilixencia para o seu traslado. Pénsase que é un dos mariñeiros que desapareceu tras o naufraxio do pesqueiro "Cordero". Váiselle facer a autopsia e probas para identificar o cadáver.
Esta noticia aparece de diferentes modos en "Galicia Hoxe" e en "De luns a venres":
- En "Galicia Hoxe" dáselle menor importancia. Por iso aparece con letra máis pequena, como unha noticia secundaria. Non ten ningunha foto e pódese ver na marxe. O titular é: "Un pesqueiro localiza os restos dun cadáver en augas próximas a Doniños (Ferrol) e lévaos ó porto da Coruña"
- En "De luns a venres" dáselle máis importancia, polo que a noticia se presenta cunha letra máis grande e en negriña. Tampouco aparece foto, pero a noticia non aparece na marxe en pequeniño, senón que está no centro. O titular é: "Un pesqueiro colle na rede restos humanos descompostos fronte á praia de Doniños".
Seguiremos achegando novas.
Publicado por
xano
en
19:27
0
comentarios
Etiquetas: 3ºB
quarta-feira, 26 de março de 2008
Nova etapa
Estamos a traballar aquí. Mais continuaremos publicando en Dis ti!, cun coidado maior da lingua.
Saúdos, especialmente a Josceline! Regards and a lot of luck!
Publicado por
xano
en
16:57
0
comentarios
Etiquetas: etapas
sábado, 15 de março de 2008
segunda-feira, 10 de março de 2008
Obradoiro 1
Estamos a probar a ferramenta Issuu para publicar algúns dos textos poéticos produto dun obradoiro en conexión coa historia da literatura galega. Velaquí os tres primeiros (premede dobremente enriba do libro ou en OPEN para velo en grande):
Publicado por
xano
en
07:01
0
comentarios
quinta-feira, 6 de março de 2008
sexta-feira, 15 de fevereiro de 2008
Certame de caligramas
Consulta aquí as bases do concurso convocado polo IES das Pontes. Ata o 11 de abril.
Publicado por
xano
en
12:05
0
comentarios
Etiquetas: rede
sábado, 9 de fevereiro de 2008
Dis ti polo mundo adiante!
Que o que se fai nas aulas non interesa fóra delas? Dis ti!
Que o galego non serve para andar polo mundo? Dis ti!
Publicado por
xano
en
14:51
0
comentarios
Etiquetas: rede




- TAREFA I
1. Lemos a entrada Sumándonos.
2. Prememos en
3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
4. Prememos en Nova entrada
5. Escribimos o texto coas presentacións.
5. Creamos a ligazóncoa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
6. Inserimos a imaxemáis axeitada que atopemos.
7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos. - TAREFA II
0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
Dúas vías para obter esa información:
a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados? - TAREFA III
1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)
Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:
a)Unha vez que se abriu unha conta:
b)Manexo dos mapas:
c)Elaboración:
Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
Acceso a Glinkr
2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO. - TAREFA IV
1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo? - TAREFA V
1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.