Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


sábado, 29 de dezembro de 2007

segunda-feira, 17 de dezembro de 2007

cantiga de amigo e maldicir

O parvo do meu amigo
é retrasado e non veu comigo
que parvo que é.

O parvo do encabronado
é retrasado e deixoume colgado
que parvo que é.

É retrasado e non veu comigo
por cabrón empedernido
que parvo que é.

É retrasado e deixoume colgado
por cabrón estou namorado
que parvo que é.

Pablo Romero Torres

sexta-feira, 14 de dezembro de 2007

1977



Boa nova. A curta galega de animación 1977, de Peque Varela, foi xa seleccionada para participar en media ducia de festivais internacionais de cinema. Máis información en Vieiros.
Un fragmento:

Con Cidades, de Fran Alonso

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

Certames para escritores e escritoras nov@s

Hai moitos espazos na rede para coñecer convocatorias de certames literarios para xente nova: na BLIX (en autores novos, concursos), no Ourizo Azul, no blogue Revolta da freixa... Máis motivación para crear e revisar o escrito, entendendo que é difícil sermos recoñecidos cun premio (porque, ademais, a calidade non se mide só así).

Máis camiños



Tomado do xornal A Nosa Terra, que conta cunha sección específica para a xente nova.


quinta-feira, 6 de dezembro de 2007

Que circule

terça-feira, 4 de dezembro de 2007

Cantigas de amigo (creacións colectivas de 3ºB)


O meu amor é como unha vaca
que me fai vibrar a mirada.
Como doe!

O meu amor é como unha ferida
que me fai vibrar ata a perilla.
Como doe!

Que me fai vibrar a mirada
cando sinto que non es nada.
Como doe!

Que me fai vibrar ata a perilla
cando sinto que non es miña.
Como doe!




Meu amor, búscote nas pradeiras,
nos campos e carballeiras.
Vente, peregrín.

Meu amor, búscote nas montañas,
nos campos e nas praias.
Vente, peregrín.

Nos campos e carballeiras,
nos ríos e nas ladeiras.
Vente, peregrín.

Nos campos e nas praias,
nos ríos e nas faias.
Vente, peregrín!




Hai ondas, hai ondas do mar azul
e tamén daquel mar do sur.
Onde vai parar o amor?

Hai ondas, hai ondas do mar vermello
e tamén daquel mar pequeno.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar do sur
a onde tantas veces fun.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar pequeno
onde tantas cousas fixemos.
Onde vai parar o amor?


segunda-feira, 3 de dezembro de 2007

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)




Es a luz que ilumina a miña vida,
es as espiñas da miña pescadilla,
ai que dolor!

Es a luz que ilumina os meus soños,
es as espiñas dos meus xeonllos,
ai que dolor!

Es as espiñas da miña pescadilla,
es o sol da miña vidiña,
ai que dolor!

Es as espiñas dos meus xeonllos,
es o sol dos meus ollos,
ai que dolor!

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)



Os teus ollos verdes preciosos
son grandes e luminosos,
como nunha noite.

Os teus ollos de maragota
son grandes coma gaivota,
como nunha noita.

Son grandes e luminosos
que me miran vergonzosos,
como nunha noite.

Son grandes coma gaivota
que me miran como idiota,
como nunha noite.

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºD)

[Imaxe tomada deste sitio (entra e tocarás); vía Made in Galiza]

Vinte pasar preto do mar
e sentín dentro de min algo brillar,
onde irás?

Vinte pasar preto de Toimil
e sentín dentro de min un pitilín,
onde irás?

E sentín dentro de min algo brillar
que me ía emocionar,
onde irás?

E sentín dentro de min un pitilín
que me facía ver o que sentín,
onde irás?


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.