Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


sábado, 29 de dezembro de 2007

segunda-feira, 17 de dezembro de 2007

cantiga de amigo e maldicir

O parvo do meu amigo
é retrasado e non veu comigo
que parvo que é.

O parvo do encabronado
é retrasado e deixoume colgado
que parvo que é.

É retrasado e non veu comigo
por cabrón empedernido
que parvo que é.

É retrasado e deixoume colgado
por cabrón estou namorado
que parvo que é.

Pablo Romero Torres

sexta-feira, 14 de dezembro de 2007

1977



Boa nova. A curta galega de animación 1977, de Peque Varela, foi xa seleccionada para participar en media ducia de festivais internacionais de cinema. Máis información en Vieiros.
Un fragmento:

Con Cidades, de Fran Alonso

sexta-feira, 7 de dezembro de 2007

Certames para escritores e escritoras nov@s

Hai moitos espazos na rede para coñecer convocatorias de certames literarios para xente nova: na BLIX (en autores novos, concursos), no Ourizo Azul, no blogue Revolta da freixa... Máis motivación para crear e revisar o escrito, entendendo que é difícil sermos recoñecidos cun premio (porque, ademais, a calidade non se mide só así).

Máis camiños



Tomado do xornal A Nosa Terra, que conta cunha sección específica para a xente nova.


quinta-feira, 6 de dezembro de 2007

Que circule

terça-feira, 4 de dezembro de 2007

Cantigas de amigo (creacións colectivas de 3ºB)


O meu amor é como unha vaca
que me fai vibrar a mirada.
Como doe!

O meu amor é como unha ferida
que me fai vibrar ata a perilla.
Como doe!

Que me fai vibrar a mirada
cando sinto que non es nada.
Como doe!

Que me fai vibrar ata a perilla
cando sinto que non es miña.
Como doe!




Meu amor, búscote nas pradeiras,
nos campos e carballeiras.
Vente, peregrín.

Meu amor, búscote nas montañas,
nos campos e nas praias.
Vente, peregrín.

Nos campos e carballeiras,
nos ríos e nas ladeiras.
Vente, peregrín.

Nos campos e nas praias,
nos ríos e nas faias.
Vente, peregrín!




Hai ondas, hai ondas do mar azul
e tamén daquel mar do sur.
Onde vai parar o amor?

Hai ondas, hai ondas do mar vermello
e tamén daquel mar pequeno.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar do sur
a onde tantas veces fun.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar pequeno
onde tantas cousas fixemos.
Onde vai parar o amor?


segunda-feira, 3 de dezembro de 2007

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)




Es a luz que ilumina a miña vida,
es as espiñas da miña pescadilla,
ai que dolor!

Es a luz que ilumina os meus soños,
es as espiñas dos meus xeonllos,
ai que dolor!

Es as espiñas da miña pescadilla,
es o sol da miña vidiña,
ai que dolor!

Es as espiñas dos meus xeonllos,
es o sol dos meus ollos,
ai que dolor!

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)



Os teus ollos verdes preciosos
son grandes e luminosos,
como nunha noite.

Os teus ollos de maragota
son grandes coma gaivota,
como nunha noita.

Son grandes e luminosos
que me miran vergonzosos,
como nunha noite.

Son grandes coma gaivota
que me miran como idiota,
como nunha noite.

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºD)

[Imaxe tomada deste sitio (entra e tocarás); vía Made in Galiza]

Vinte pasar preto do mar
e sentín dentro de min algo brillar,
onde irás?

Vinte pasar preto de Toimil
e sentín dentro de min un pitilín,
onde irás?

E sentín dentro de min algo brillar
que me ía emocionar,
onde irás?

E sentín dentro de min un pitilín
que me facía ver o que sentín,
onde irás?

domingo, 11 de novembro de 2007

terça-feira, 30 de outubro de 2007

segunda-feira, 22 de outubro de 2007

asociiaciÓn dOs deReiitOs daS eiRugaS,,

Ola rapazoulos, somos Tamara, Dani e Juan, de 3ºA do I.E.S da Pobra do Caramiñal.

Estamos aquí para defender as eirugas e os seus dereitos na nova asociación da protección de dereitos das eirugas (APDDEE). Isto imos levalo a cabo nas granxas de eirugas. Protexerémolas dos inimigos e integrarémolas na sociedade. Promoveremos a amizade entre eirugas e organizaremos carreiras.

ASOCIACIÓN PARA O PERMISO DE REALIZACIÓN DE GRAFFITIS

SOMOS OS ALUMNOS DO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL DA CLASE DE 3ºA: HUGO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, DANIEL MUÑIZ GAGO E SARA BOO OLVEIRA.

CONSTITUÍMOS A ASOCIACIÓN PARA O PERMISO DE REALIZACIÓN DE GRAFFITIS, COS OBXECTIVOS:

-CONSEGUIR QUE SE PERMITA REALIZAR OS GRAFFITIS.

PARÉCENOS BEN QUE AS PINTADAS NAS CASAS, OS TRENS E NOS ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS ESTEAN PROHIBIDAS.
PERO SE QUEREN QUE NON SE FAGAN QUE DEIXEN FACELOS NOS MUROS VELLOS OU QUE HABILITEN MUROS EN ZONAS DE PAGO.

ACCDA(asociacion contra a caza deportiva de animais)

Somos os alumnos de 3ºA do IES Pobra do Caramiñal:
-Abel Cores Fandiño
-Maria Regueiro Santiago
-Mª Teresa Maneiro Fraga
Os nosos obxectivos son:
·Defender os dereitos de vida dos animais.
·Prohibir a súa caza deportiva.
A ACCDA decidiu manifestarse en contra da caza deportiva de animais, xa que teñen tanto dereito a vivir coma nós.

Presentación :

Ola amigos, somos :
Jorge Pazos del Río,
José Manuel García Junco,
Alexandra López Prado.

Da clase de 3ºA do IES da Pobra do Caramiñal. Queremos conseguir que se coide máis a natureza.

Os nosos obxectivos son os seguintes:

- Conseguir que os bosques estean máis limpos e vixiados.

-Facer unha campaña que fomente os coidados dos montes.

-Conseguir que a xente utilice máis as papeleiras.

-Contribuír a que se queimen menos os bosques.

-Cambiar os bitos das persoas .

..........................PARA UNHAS ZONAS VERDES!!!!

Un saúdo dos alumnos do grupo 4 de 3ºA

Asociación

Ola somos :

Esperanza Maneiro González

Alba Reyes Díaz

Amparo Fernández Fernández

Mario Blanco Domínguez



Somos a asociación contra a contaminación acústica e queremos informarvos sobre a contaminación acústica das motos.


OBXECTIVOS:

-1º.Eliminar en maior grao este tipo de contaminación.

-2º.Intentar que os cidadáns nos axuden a combatir este
problema.

-3º.Concienciar ós motoristas a través de campañas para
que procuren pensar máis na contaminación do medio
que lles rodea.

-4º.Intentar convencer ós fabricantes para que vendan
motores máis ecolóxicos e menos ruidosos.

Esta asociación fai todo o posible para combatir este problema e agardamos que os demáis nos axudedes a cumplir os obxectivos que acabamos de mostrarvos. Cremos que deberían fabricar mellores motores, máis ecolóxicos, menos ruidosos, etc.

Agardamos a vosa axuda.Grazas.




Este sería un bo exemplo de moto ecolóxica.


Asociación deportiva ( Béisbol club)


Somos Leila Casqueiro Fernández, Maria González Mariño, Eva Chaves Vilaso y Sergio Nieto García uns alumnos de 3ºA do IES Pobra do Caramiñal.


A nosa finalidade é a creación un equipo de béisbol co fin de promover este deporte.


Obxectivos:

-Pedir unha licencia o concello para construír un campo de béisbol no monte.

-Fomentar este deporte entre a xente.

-Facer propaganda deste deporte.

-Buscar patrocinador.

-Comprar material deportivo pedindo unha subención o concello.

quinta-feira, 18 de outubro de 2007

presentacii0n...

0la Queriid0s amiig0s...
s0m0s:
-MARTÍN GARCÍA HERMIDA
-ALBA FERNÁNDEZ SOUTO
-JESSICA RIAL VÁZQUEZ
-NAIRA BOO HERMIDA

da claSe de 3ºB d0 IES da Pobra do Caramiñal.
Querem0s c0nseguir que a maii0ría dos galeg0s reciclen.
0s nosos 0bxectiv0s s0n 0s seguintes:

- Facer unha campaña que se mova polas diferentes zonas de Galicia promocionando a reciclaxe.

- Facer unha serie de actividades que inclúan xogos para 0s mais xovenes.

- Cambiar os hábitos das pers0as para que reciclen máis a miúd0.

- C0nseguir Que 0s rapaces, dende peQuen0s, reciclen nas aulas, nas casas, etc.

- Intentar que os concell0s constrúan mais puntos limpos nas cidades, aldeas, vilas, pobos...

- Que nas cidades, aldeas, vilas, pobos, etc, exista :
·un númer0 mínimo de papeleiras de reciclaxe, c0n departament0s para cada tip0 de residu0.
·un númer0 mínim0 de papeleiras para pilas.





para un mund0 mell0r....RECICLAOMUNDO



UN SaúdO dende Os alumnos d0 gRUpo2 de 3ºB






terça-feira, 16 de outubro de 2007

PUFÉ FOR MEN




ASOCIACION A FAVOR DOS HOMOSEXUAIS



Somos os alumnos :



Germán,Lidia,Marta e ... X de 3ºD do IES Pobra do Caramiñal






Nos apoiamos os dereitos dos homosexuais por solidaridade... por que fai falta un colectivo de heterosexuais que os defenda das personas que ainda non maduraron no seculo XXI.

Queremos concenciar a xente de que:

-Son persoas cos mesmos dereitos que os heterosexuais.

-Ainda que non teñan os mesmos gustos que nos temos que respetalos.

SIN MÁIS DESPEDIMONOS,UN SAÚDO DO 4 GRUPO DE 3ºD

APB (Asociacion protectora de bosques)

oOoOla!!!somos:

-Toño Riveiro Santos
-Julian Rodriguez Casais
-Juan Carlos Muñiz Lopez
-Maria Piñeiro Montes
-Belen Lojo Martinez

Do IES da Pobra do Caramiñal.

Formamos entre nos unha Asociación de Protección de Bosques (APB). Os nosos obxectivos para a nosa campaña son:

- Respectar e protexer as árbores.
- Replantar as árbores queimadas ou cortadas.
- Prohibir a tala de árbores.
- Poñer máis puntos de vixilancia nos montes.
- Concienciar a poboación do dano que están facendo contaminando e non respetando o medio ambiente.


Fomento do uso do preservativo


Que tal t0odos???

Usades o preservativo??
Somos do I.E.S. da Pobra do Caramiñal.
Nos intentamos crear unha campaña de fomento do uso do preservativo, somos un grupo de catro alumnos de terceiro da ESO .

Seguramente a maioría da xente non utiliza preservativos.
A federación do uso do preservativo e as asociacions que a forman desenvolven multiples actividades reinvidicativas e de sensibilización.
Unha das tarefas da Federacion do uso do preservativo e convencer a xuventude de que use o preservativo para evitar as infeccions como o SIDA ...

CIAD


Ola chamámonos Alba, Yolanda, Rubén e Feliciano .Somos de 3ºD do I.E.S da Pobra do Caramiñal.

A nosa organización chámase CIAD (Campaña Internacional Anti Drogas).Queremos reducir ou eliminar o trafico ilegal e as consecuencias das drogas.

Os nosos obxetivos principais son :

-Intentar frenar o tráfico das drogas.

-Organizar actividades que axuden a superar a independencia.

-Facer constar pola rua que as drogas son malas.

-Falar coa xuventude para facer saber que drogarse é malo.

quinta-feira, 11 de outubro de 2007

Asociacion Fóra o tabaco

Ola, somos Sandra, Sara e Encarna, de 3ºC do IES da Pobra do Caramiñal.
Creamos a asociación Fóra o tabaco para dar a coñecer a opinión de cada un.
A asociación Fóra o tabaco ten como obxectivos organizar campañas contra o tabaco, atender a enfermos de pulmón, mellorar o medio ambiente,axudar a xente a que non fume e lanzar ao mercado parches de nicotina.

APCTI

Ola. Somos os alumnos da clase de 3º ESO C do I.E.S da Pobra do Caramiñal:
-Diego Cespón Pose
-Alex Pérez García
-Ana González Guillán
-Noa Calo Sánchez
Somos os fundadores da asociación APCTI.
A asociación de pais contra o tabaquismo infantil quere informarvos de que o vindeiro Domingo celebrarase unha congregación de pais e nais para frear a distribución de tabaco ós menores de 18 anos. A congregación durará o que faga falta para frear este mal uso nos menores.
Os nosos obxetivos principais son os seguintes:
Tratar temas como o consumo do tabaco tanto na escola como na rúa.
Tamén falar dos compoñentes nocivos que constitúen o tabaco e o efecto que poden ter sobre as persoas adictas a este vicio.

Cruz vermella

Somos alumnos/as de 3ºC do I.E.S da Pobra do Caramiñal.

O obxectivo principal da cruz vermella é axudar a xente con enfermidades.
A Cruz Vermella opera en lugares de catástrofes , como os incendios.
Outros obxectivos seus son:
-Atender os feridos.
-Promover campañas, por exemplo ante o cáncer.
-Mellorar a saúde da xente necesitada.

AMBAR

Ola, somos joel , Sandra e Noemi, de 3ºC do I.E.S da Pobra. Somos fundadores dunha asociación como AMBAR e queremos dar a coñecer os seus obxetivos :

1)Atender a xente minusválida.
2)Posibilitar que teñan traballo.
3)Educar os membros de Ambar.
4)Prestarlles axuda aos familiares.

ADC


Ola! Somos alumnos de 3ºC do I.E.S da Pobra do Caramiñal.

E queremos mostrarvos a nosa asociación, a A.D.C.


- A asociación créase para promover a comunicación entre todos os alumnos do centro.

- Os nosos obxectivos son:

  • -Mellorar as condicións das clases.
  • -Defender os nosos dereitos.
  • -Organizar excursións máis a miúdo.
  • -Fomentar o traballo en grupo.
  • -Impulsar os nosos compañeiros menos capacitados na actividade do estudo.

ACME (Asociación Contra o Maltrato Escolar)

6Somos Sandra, Jenny e Pablo, de 3ºC do I.E.S da Pobra do Caramiñal



Queremos dar a coñecer a nosa asociación: "Asociación Contra O Maltrato Escolar".

Os nosos obxectivos son:

-Mantenza das campañas contra o maltrato escolar.

-Creación de centros para axudar a xente maltratada.

-Contratación de psicólogos especializados no maltrato escolar.

-Organización de campañas contra o maltrato escolar.



Sen máis, despedímonos.

AIP (Asociación para a Igualdade entre Pilotos)

A "AIP" desenvolve unha serie de normas para a igualdade entre pilotos de F1.
Os pilotos teñen dereito a un trato igual dentro dun equipo, non como ocorre co piloto español Fernando Alonso, en McLaren. Nesta escudería británica o trato que lle dan ó asturiano non é o mesmo que o do seu "compañeiro", tamén británico, Lewis Hamilton.
O que esta asociación pretende é penalizar os actos de favoritismo dentro dos equipos.




Porque ante todo, señor Ron Dennis, hai que ser persoa.

APVG





Bos días. Somos unha asociación de rapazas de 3ºB do IES da Pobra do Caramiñal.

Creamos APVG (asociación de protección do verde galego) coa finalidade de evitar as construcións masivas nos espazos naturais galegos e protexelos.
Queremos desenvolver esta asociación nos medios naturais galegos (montes, ríos, pantanos, praias, etc).



Os nosos principais obxectivos son:

-Evitar a corta excesiva de árbores.
-Procurar que non se constrúa na costa.
-Organizar campañas para a protección dos seres vivos.
-Colaborar contra os incendios.
-Facer coñecer á xente o problema da desaparición dos montes galegos.



Despedímonos cunha forte aperta.

Organización Polos Montes Galegos



ALUMNOS DO IES.A POBRA

Alejandro
Alejandro
Darío
Anxo

Organización Polos Montes Galegos
O noso obxectivo principal é protexe-los montes de Galiza.
Actuaremos nos propios montes e reunirémonos na sede da organización.

Obxectivos:
-Limpa-los montes
-Diminuír os incendios
-Facer cortafogos
-Potencia-la fauna
-Plantar árbores

Un saudo de OPMG.

Presentámonos

Somos alumnos de 3º do IES da Pobra do Caramiñal.
E imos publicar varias entradas neste blog durante este curso. As entradas estarán relacionadas coas actividades que realizaremos ó longo do ano na materia de lingua galega e literatura.


Un saúdo.

Asociación Contra a Explotación Infantil

Somos Antía, Irene e Vanessa, de 3ºB do IES da Pobra Do Caramiñal.
Queremos dar a coñecer a fundación da "Asociación Contra a Explotación Infantil"(ACEI). Os nosos obxectivos son os seguintes:
  • Mantenza das campañas contra a explotación infantil.
  • Habilitar centros de denuncias.
  • Sensibilizar sobre a explotación infantil.
  • Movilizar os recursos para conseguir educación apta para todos os nenos.
  • Esixir a inmediata eliminación das formas máis explotadoras de traballo infantil.

Un forte saúdo.

Presentación

Somos Tamara, Aine, Lorena e Raquel, de 3ºB do I.E.S Pobra do Caramiñal.



Somos socias fundadoras da asociación veciñal da rúa Ortigal nº69, A Pobra do Caramiñal.

Esta ten como obxectivos:
-Mellorar o estado das paredes do edificio.
-Evitar que os animais fagan as súas necesidades tanto dentro coma fóra do edificio.
-Contratar un porteiro.
-Arranxar o tellado.
-Conseguir que toda a veciñanza pague as súas facturas.

Sen máis, despedímonos.

sábado, 22 de setembro de 2007

Sumándonos


Pasos para poder editar directamente:
1. Abrir unha conta de correo co nome que lle corresponda a cada grupo. [Xa está creada]
2. Acceder a blogger (a través desta ligazón ou premendo no botón situado no sidebar dereito) e introducir ese correo coa súa clave.
3. Crear un artigo segundo as indicacións recibidas.
4. Incluír na entrada unha imaxe adecuada ao contido e as ligazóns que se precisen (unha cando menos). Deste xeito:
  • Introducir unha imaxe. Localizamos e copiamos o url da imaxe, prememos nesta icona ( ) e pegamos. Tamén se pode subir directamente dos nosos arquivos.
  • Crear unha ligazón. Seleccionamos o texto no que queremos que apareza, collemos o enderezo web, prememos nesta icona ( ) e pegámolo.
As imaxes non propias procúranse nun buscador como Google ou en bancos como Flickr.
5. Publicar e ver o blogue. Se se quere modificar algo (reaxustar o tamaño da imaxe, crear un novo parágrafo...), escóllese a entrada e edítase.

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

Comezo de curso


Aquí se enceta Dis ti!, blogue (ou blog ou caderno de bitácora) destinado a organizar e recoller boa parte do traballo de todos os grupos de terceiro na materia de lingua galega e literatura.
Tentaremos subir os produtos dos nosos proxectos (creacións, reportaxes, podcast, rotas...), reflexións propias, fotos e todo canto entendamos que ten interese educativo.
Que non habemos ser quen? Dis ti!

Imaxe tomada de http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/
Pobra_GDFL_0507_001.JPG/800px-Pobra_GDFL_0507_001.JPG


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.