
Esta viñeta cómica de prensa galega, en concreto de
Galicia Hoxe, usa un humor crítico cara ás actitudes da humanidade e o seu mal uso das novas tecnoloxías, coas que incrementamos o risco do cambio climático. Fai unha sátira social con respecto á rápida chegada deste grave problema, xa que indica que en 100 anos volveremos á rústica Idade Media de novo, polo tanto será un atraso no tempo para nós e os nosos descendentes. Usan esta viñeta para reflectir o mal estado do mundo, e o pouco considerados que somos, xa que valoramos moi pouco o que temos e o que chegaremos a ter. O cambio climático é moi grave na nosa sociedade, cada vez increméntase máis.
Utilizan a animalización, empregan o uso das moscas, que é un animal moi pouco apreciado. O mundo aparece nun tamaño máis pequeno có real e as moscas máis grandes. Queren dicir con isto que o mundo é máis pequeno co cambio climático e que ata as moscas son máis grandes ca nós, xa que somos os causantes de que o mundo estea así.
Para informarse sobre a situación a través da opinión da Organización Galega "Rede de Observación Ambiental de Galicia", atopamos novas
nesta ligazón.