Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


domingo, 25 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa II





Esta viñeta cómica de prensa galega, en concreto de Galicia Hoxe, usa un humor crítico cara ás actitudes da humanidade e o seu mal uso das novas tecnoloxías, coas que incrementamos o risco do cambio climático. Fai unha sátira social con respecto á rápida chegada deste grave problema, xa que indica que en 100 anos volveremos á rústica Idade Media de novo, polo tanto será un atraso no tempo para nós e os nosos descendentes. Usan esta viñeta para reflectir o mal estado do mundo, e o pouco considerados que somos, xa que valoramos moi pouco o que temos e o que chegaremos a ter. O cambio climático é moi grave na nosa sociedade, cada vez increméntase máis.
Utilizan a animalización, empregan o uso das moscas, que é un animal moi pouco apreciado. O mundo aparece nun tamaño máis pequeno có real e as moscas máis grandes. Queren dicir con isto que o mundo é máis pequeno co cambio climático e que ata as moscas son máis grandes ca nós, xa que somos os causantes de que o mundo estea así.

Para informarse sobre a situación a través da opinión da Organización Galega "Rede de Observación Ambiental de Galicia", atopamos novas nesta ligazón.

Nenhum comentário:


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.