Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


sábado, 28 de junho de 2008

O control dos medios


Dunha charla organizada por Novas da Galiza. Tomado de GZVideos e reeditado con JayCut.

quinta-feira, 19 de junho de 2008

terça-feira, 17 de junho de 2008

Poemas nas diferentes etapas históricas


ETAPA MEDIEVAL:

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
e vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que hei gran cuidado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Martín Codax



-TEMA DO POEMA: A nostalxia que sente unha rapaza polo amigo que está navegando.

Información sobre a etapa medieval:

-Os cancioneiros profanos

O galego-portugués nace no noroeste da Península a partir do latín e evoluciona dun xeito diferente a outras linguas romances da península Ibérica.
O seu período de crecemento atópase entre os século XII e a metade do século XIV. Coincide cos reinados de Fernando III e Afonso X de Castela.
A partir da segunda metade do século XIV iníciase a decadencia literaria, porque a nobreza galega foi substituída por outra de fóra (nobreza non-galega).
Neste período seguirase a escribir en galego, pero este vai perdendo valor, pois a maior parte dos poetas son casteláns que empregan un galego que está cheo de castelanismos.

-Os poetas
Os creadores da lírica medieval son:
· Os trobadores: que pertencian xeralmente á nobreza. Estes poetas eran compositores e en ocasións intérpretes das súas composicións.
· Os xograres: pertencían ó pobo e aínda que algún chegou a compoñer cantigas, normalmente interpretaban composicións alleas.
· Os segreis: pertencían á baixa nobreza e compoñían e interpretaban as súas propias composicións con fins lucrativos.

-As cantigas de amigo:
Son de orixe popular galega e reciben este nome porque é a palabra «amigo» a que se repite ó longo do poema. A cantiga está posta en boca dunha muller, aínda que estea composta por un trobador, que expresa os seus sentimentos amorosos, xeralmente a ausencia do amigo, dirixidos á nai, ás irmás, ás amigas, ou a seres inanimados ou irracionais.
Os recursos máis característicos das cantigas de amigo son: o paralelismo, o leixaprén e o refrán.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Martín Codax


SÉCULOS ESCUROS:

Ronca del río Miño

Cando tanta festa fan
-¡miña nai, como se roxe!-
a esta nova fonte de hoxe,
¿que será de ti, Miñán?
Tempos vén e tempos van,
cae Miñán quen subeu onte;
póñase ben alta a fonte,
que non é, por máis que o pense,
para beixarme en Ourense
no ollo da miña ponte.
(1755)

Cura de Fruíme


-TEMA DO POEMA: Homenaxe á fonte ourensá do río Miño.

-Información sobre os Séculos Escuros:

Período de decadencia que comprende os séculos XV e XVIII.

Nesta época o castelán impúxose sobre o galego e a literatura galega era case só oral e utilizada pola xente de baixa clase social (que comprendían á inmensa maioría). Case non houbo documentos escritos en galego nesta época.
Isto comezou tras a desaparición da nobreza galega e a chegada da nobreza de orixe castelá. Deste xeito, o poder político, económico e relixioso quedou en mans de persoas de orixe non-galega.
Outros factores que influíron nas perda do galego escrito son:
-A ausencia dunha burguesía capaz de defender os seus intereses e os do país.
-A perda de autonomía da Igrexa galega.

Coa chegada do século XVIII comeza a recuperación do cultivo literario grazas ós ilustrados.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre o Cura de Fruíme.


SÉCULO XIX:

A leiteira

Ergome a'o abrir d'o dia
inda alumea o luceiro,
e'en chegando a algun regueiro
bautizo con auga fria
o leite d'o meu pucheiro,
porque mellor aproveite,
¿Quén merca o leite?

Madrugueiros estudantes
hacho ô pasar pol-a veiga
e deteñenm'os tunantes
pedindo nata, manteiga,
e que sei eu.... Banadantes!
mal fogo de Diol-os-deite,
¿Quén merca o leite?

Cando eu entro pol-a Vila
todos inda están n'a cama
en doce calma tranquila,
¿quén de sono os espavila?
eu que vou chama que chama
hastra qu'algun s'endireite,
¿Quén merca o leite?

E desperta algun señor
abrazando â compañeira
entre suspiros d'amor,
pero gracias â Leiteira
qu'entre seus brazos a estreite,
¿Quén merca o leite?

Corro a Vila sin parar
n'a cabeza pósta a cesta
que relouco por comprar
un adrezo para a festa,
figa, rosario e pieite,
¿Quén merca ó leite?

Tamen hey comprar xabon
e unha cartilla de aceite,
mas ¡ay! dou un tropezon,
adios figa, adios pieite;
¡Dios mio! ¡qué compasion!
adios adrezo, adios Ieite!!!

Francisco Añón



-TEMA DO POEMA: O traballo dunha leiteira, como é o seu día a día, e os seus desexos frustrados.

Nesta ligazón obterás información sobre Francisco Añón.


¡CALADE!

¡Hay n'as ribeiras verdes, hay n'as risoñas prayas
E n'os penedos ásperos, d'o noso inmenso mar,
Fadas d'estraño nome, d'encantos non sabidos
Que sô con nos comparten seu prácido folgar.

Hay antr'a sombr'a amante d'as nosas carballeiras,
E d'as curtiñas frescas, no vívid'esprendor,
E n'o romor d'as fontes, espritos cariñosos
Que só ôs qu'aquí naceron, lles dan falas d'amor.

Y hay n'as montañas nosas, e n'estes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
De vaguedad'incerta, qu'á nos só da pracer.

Vos pois, os que naceches, n'a orela d'outros mares,
Que vos quentás á llama de vivos lumiares,
E só vivir vos compre, baix'un ardente sol;
Calá se n'entendedes encantos d'estos lares,
Cal n'entendend'os vosos, tamen calamos nos.

Rosalía de Castro


-TEMA DO POEMA: A beleza encantadora da natureza galega, dos bosques, dos ríos..., incomprendida polos alleos.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Rosalía de Castro.


O divino sainete (Canto I)

Era o Nadal: noite fría
Iba pechando entre nubes
Que un vento forte tanguía.
Desertas prazas e ruas,
Madrí estremélase todo
D'o norte ás rafagas cruas.
N'o meu capote embrullado
Eu iba, cal sempre, triste,
Por longa estrada enfiado,
Pensando co'a testa ó peito
N'aquiles que n'esta noite
Non teñen lume nin leito,
Cando, n'a inmensa negrura
D'a sombra que m'envolvía
Como n'unha sepoltura,
Escoitéi mainiño e quedo
Grave romor de parola
Que m'harripióu de medo.
—¡Ay d'o que busca a verdade
D'a fé c'o candil mortizo,
Que nunca deu craridade!
¡Ay d'o que en sombras camiña!
¡Ay d'o que quer facer caldo
E non ten unto e fariña!
¡Ay d'o que as festas condena,
E quer millorar as xentes
Fuxindo d'elas con pena!
Así unha voz me dicía
Que un longo, invisibre coro
Lentamente repetía.
Era un coro resoante,
Como un piñar que removen
As témporas d'o levante;
Coro en que hai xordos queixidos,
Estralos de gallas secas
E de corazós partidos,
Afagos de suaves brisas,
Berros de gorxas abertas,
Notas d'afogadas risas.
De forte facendo gala
Erguin a testa soberbo
E perguntéi: —¿Quén me fala?
Y-a voz tornóu: —Non ch'o digo
S'antes sobr'a crus non xuras
Ir, ond'eu vaya, comigo.
—Xurado está, s'é por eso;
Que oxe por xurar en falso
A ninguén che levan preso.
Así falei; voz estraña
Berróu n'este medio tempo:
"¡Adiante a Santa Compaña!".
E us brincando, outros ausortos,
Miréi pasar en ringleira
Unha procesion de mortos,
E sentin n'as pedras duras
Ruxir de zocos, sandalias
E talares vesteduras.
D'a procesión marcha diante
O que falara primeiro
E detrás un redobrante.
De tempo en tempo parando,
¡Racatapran!... xordamente
¡Racatapran!... vai dobrando.
D'insana curiosidade
Levado, seguín ós mortos
Pol-a densa escuridade,
E fomos con paso incerto
D'ancha gándara areosa
Atravesando o deserto.
Alá lonxe, fulgurantes,
Asomellando dous soles
Fixos e parpadexantes,
Relocian n'o hourizonte
Dous discos roxos, que finxen
Os ollos d'un mastodonte.
—¿Onde esta xente me leva?
Pensaba eu, indo ás palpadas
Pol-o camiño de treva.
¿Volveréime tolo agora
Ou pillaríanme as bruxas?...
¡San Silvestre! ¡meigas fora!
Y-o tambor que ó par levaba:
¡Racatapran! —solasmentes
¡Racatapran! —contestaba.

Curros Enríquez



-TEMA DO POEMA: Encontro coa Santa Compaña dos que procuran a xustiza.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Curros Enríquez.


Queixumes dos pinos.

Monte-Branco, Monte-Branco,
Cando te vexo de longe,
Verto a soas triste pranto.

Pois as nosas alegrías,
Ós dous nos fóno fallando;
A tí, das tuas aréas,
Os ventos te despoxáno;
A min, tamen me fallecen,
Aqueles gustos pasados:
Tí negréas, y eu teño a cabeza
Chéa de cabelos brancos!

Eduardo Pondal





-TEMA DO POEMA: Identificación do falante lírico co Monte Branco, pois aos dous afecta o paso do tempo.

Nesta ligazón poderas atopar información sobre Eduardo Pondal.


-Información sobre o Rexurdimento (Século XIX):

No século XIX comezou unha nova etapa de dignificación e reivindicación da lingua e literatura galegas. Aparece unha ideoloxía galeguista e; grazas a poetas como Rosalía, Curros e Pondal, retómase o cultivo literario de dita lingua. Pola mestura do galego e castelán aparecen numerosos dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. Así comezou o Rexurdimento.

Aínda que o castelán seguía a súa expansión, o galego pasou a falarse en máis ámbitos ca nos Séculos Escuros.

Lorena, Aine e Raquel (3ºB)

segunda-feira, 2 de junho de 2008

A cociña da Pobra

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os xéneros xornalísticos mixtos


Autoras: Tamara e Eva

sexta-feira, 30 de maio de 2008

Brais Fernández e Xavier Mugardos cativáronnos...

... con acenos vigorosos, cunha mirada vivencial á historia, cos acordes axustados, coa forza expresiva que recupera a palabra.
Temos información sobre anteriores espectáculos destes verdadeiros dinamizadores culturais no blogue Consello de Galeg@s Ilustres e do último proxecto de Mugardos xunto coa compositora guaraní Natalia Carossi en O Blogue do Pub Muinho de Louro (onde atopamos tamén información moi recomendábel sobre a lingua guaraní).
Para escoitar, Vira-Vira:









domingo, 25 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa II





Esta viñeta cómica de prensa galega, en concreto de Galicia Hoxe, usa un humor crítico cara ás actitudes da humanidade e o seu mal uso das novas tecnoloxías, coas que incrementamos o risco do cambio climático. Fai unha sátira social con respecto á rápida chegada deste grave problema, xa que indica que en 100 anos volveremos á rústica Idade Media de novo, polo tanto será un atraso no tempo para nós e os nosos descendentes. Usan esta viñeta para reflectir o mal estado do mundo, e o pouco considerados que somos, xa que valoramos moi pouco o que temos e o que chegaremos a ter. O cambio climático é moi grave na nosa sociedade, cada vez increméntase máis.
Utilizan a animalización, empregan o uso das moscas, que é un animal moi pouco apreciado. O mundo aparece nun tamaño máis pequeno có real e as moscas máis grandes. Queren dicir con isto que o mundo é máis pequeno co cambio climático e que ata as moscas son máis grandes ca nós, xa que somos os causantes de que o mundo estea así.

Para informarse sobre a situación a través da opinión da Organización Galega "Rede de Observación Ambiental de Galicia", atopamos novas nesta ligazón.

quarta-feira, 14 de maio de 2008

Xosé María Álvarez Blázquez



Información e actividades sobre o poeta, aquí.

sexta-feira, 9 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa



Esta viñeta refírese ó conflito existente nestes momentos entre Esperanza Aguirre (presidenta da Comunidade de Madrid) e o presidente do Partido Popular Mariano Rajoy. O que ocorre é que hai rumores sobre que Esperanza Aguirre ten intención de presentarse para substituír a Rajoy no congreso do partido en Xuño.

Co título "Andan na procura da "paz" interna" e os debuxos de Mariano e Esperanza cuns narices moi longos (dando a entender que os dous menten) e cun "P" afiado agochado nas costas (referíndose ás siglas do partido e á inicial da palabra paz, presente no título) o autor quere expresar as falsidades e o conflito existente, así como a competividade que en realidade existe entre os dous políticos.

Ligazón á noticia á que se refire a viñeta.

Tamara (3ºB)


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.