Abel e Xosé Manuel
- TAREFA VI
Realizade as actividades do caderno de prensa Xornalistas con xornalistas.
quinta-feira, 19 de junho de 2008
Xéneros xornalísticos informativos / de opinión
Publicado por
xano
en
12:06
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
segunda-feira, 2 de junho de 2008
Os xéneros xornalísticos mixtos
Autoras: Tamara e Eva
Publicado por
xano
en
13:52
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
segunda-feira, 10 de março de 2008
Obradoiro 1
Estamos a probar a ferramenta Issuu para publicar algúns dos textos poéticos produto dun obradoiro en conexión coa historia da literatura galega. Velaquí os tres primeiros (premede dobremente enriba do libro ou en OPEN para velo en grande):
Publicado por
xano
en
07:01
0
comentarios
segunda-feira, 21 de janeiro de 2008
Paseo polo basco
Para comezar o noso percorrido polos territorios das linguas minorizadas, recomendámosche dar un pequeno rodeo para pasar polo norte de Portugal, en concreto por un pequeno pobo no que se fala mirandés (variante do asturiano). Despois debes dirixirte cara a León e Asturias, onde se fala astur-leonés. Despois diríxeste ó país vasco, onde se fala euskera. Logo vas por Aragón, ondeos seus habitantes falan o aragonés. Máis tarde diso, diríxeste cara ó oeste para chegar a Cataluña, onde o seu idioma é o catalán, ó chegar á fronteira con Francia fálase o occitano.
Agora imos presentar o vasco debido ás súas peculiaridades lingüísticas, para comezar, a presenza do vasco na rede está representada por medios de comunicación como Berria.
Cabe destacar do vasco que non ten parentesco con ningunha das linguas faladas na Europa e é a máis antiga de todas elas, de feito existe desde a Prehistoria. Fai tempo, a área de fala do Éuskaro era moito máis ampla, pero foi recuando co tempo. De feito, fai 150 anos, o éuskaro era falado por máis da metade do país, agora non pasa do 25%, debido sobre todo á castelanización dos medios e das escolas.
Recomendámosche para rematar que acudas a algún festival ou proxección cinematográfica nunha destas linguas minoritarias porque sempre é interesante coñecer linguas e culturas novas.
Publicado por
3ºAgrupo3
en
03:19
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
segunda-feira, 14 de janeiro de 2008
^^_Percorrido0 Galiza- bruxelas_^^
Se vostede quere ir dende Galiza ata Bruxelas coñecendo todas as linguas minorizadas tera que facer este percorrido:
1) Galiza (galego, falada por 2.500.000 persoas. Ten un grao de protección limitado, lingua cooficial en galiza).
2) Asturias (asturiano, leonés, falado por 150.000-500.000 persoas. Está en vías de extinción. So é recoñecida a variante mirandesa en Portugal).
3) País basco (vasco, éuscaro, eusquera, basco, falada por 600.000 persoas. Constitúe unha comunidade pequena. Cun grao de protección limitado. Lingua cooficial no País Basco e Nafarroa).
4) Aragón (aragonés, falado por 23.000 persoas. En vías de extinción sen recoñecemento legal e con moi poucos falantes).
5) Cataluña (catalán,falado por 8.000.000 persoas. Con suficiente grao de protección e cooficial. Ten un goberno autónomo que a impulsa. Lingua cooficial en Cataluña, Illas Baleares, Valencia e Andorra).
6) Provenza (occitano, lingua d´oc provenzal. En perigo e sen recoñecemento legal, pero con moitos falantes).
ESPECIAL ARAGÓN
O Aragonés é tamén chamado Fabla. Fálase nos vales Pirenaicos do Norte de Aragón. Esta lingua é da familia románica. É falada por 50.000 persoas. Ten un estatus non oficial.- Historia: Até o século XIV avanza ó ritmo da " reconquista" cara ó sur Foi progresivamente desprazada polo español. Hoxe en día, sen cobertura legal nin apoio institucional, padece un proceso de hibridación co español.
-GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN!!
Publicado por
3ºAgrupo5
en
02:54
1 comentarios
Etiquetas: 3ºA
O plurilingüismo Galiza-Bruxelas

Para chegar ata Bruxelas saíndo de Galiza e coñecer o maior número de linguas, debes seguir esta ruta.
Saíndo por Galiza, onde se fala unha lingua con 2.500.000 de persoas. Segues pasando por Asturias onde se fala o leonés, que é a que practican entre 150.000 e 500.000 persoas. Logo encontras o País Vasco, onde se fala o euquera, que é falada por 600.000 persoas. Despois o aragonés, que está en vías de extinción porque a falan 23.000 persoas. E por último, o catalán, que é a que máis se fala en España despois do castelán, é o idioma do que falaremos de seguido.
O catalán é a lingua cooficial en Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andorra. En Cataluña, ten un goberno autónomo que a impulsa, recupera falantes. Ven respaldada desde institucións e sociedade. O catalán ten bastante presenza na rede como por exemplo en Avui.
Tamén é importante entender a diversidade de linguas como unha vantaxe: para coñecer mellor o mundo, poder coñecer máis persoas que non falen o teu idioma, fomentar o uso das linguas, etc...
Publicado por
3ºAgrupo4
en
02:52
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
Guía do plurilingüismo
Se queres viaxar dende aquí ata Bruxelas e queres coñecer linguas minorizadas, tes que pasar dende Galiza a Asturias e despois ó País Vasco, Aragón, Cataluña (percorrendo a cidade de Lleida tamén) e Occitania, respectivamente. Escollemos este percorrido porque así poderás coñecer todas as linguas minorizadas e iso é o que pretendes.
As linguas minorizadas son aquelas que non se usan con tanta normalidade, "son linguas secundarias". Hai algunha lingua minorizada en vías de extinción e outras con un certo grao de protección, como por exemplo o galego.
Imos explicarche máis polo miúdo a lingua máis afastada de todas, que é o occitano.
O occitano: a situación social desta lingua minorizada hoxe está en perigo, non ten recoñecemento legal e escasa vitalidade, aínda que ten moitos falantes. É recoñecida co nome de aranés en Lleida.
Unha paxina web útil pode ser: occitanet
-Ensinámosche aquí un símbolo occitano chamado"la talvera":
Falarémosche un pouco da súa historia, en resumo. O occitano foise consolidando na baixa Idade Media como lingua administrativa. Os primeiros textos que se conservan son do século XI. Dende o século XIII Francia foise apropiando de case todo o país, polo que a lingua e a cultura fóronse francesizando.
A nosa opinión é que a diversidade lingüística e cultural é unha gran vantaxe: permite coñecer outras formas de entender o mundo. Por outra banda, as comunidades minorizadas teñen dereito a desenrolar a súa vida coa súa propia lingua. Polo tanto, cremos que sería positivamente cultural e divertido realizar esta viaxe.
Publicado por
3ºAgrupo6
en
02:46
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
1. Para coñecer o máximo número posible de linguas no noso contorno, recomendámoslle que pasen por:
- Cataluña: impulsa a recuperar falantes o seu goberno. O catalán é lingua cooficial en Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andorra. É respaldada por institucións e sociedade.
-Galiza: Non recupera falantes, aínda que posúe un recoñecemento legal e social.
-Occitano: Está en perigo, pero aínda conta con moitos falantes. É recoñecida co nome de aranés en Lleida.
-País Vasco: A súa lingua, o basco, constitúe á unha sociedade pequena pero posúe recoñecemento legal é respaldado das institucións ou sociedade. A lingua cooficial no País Basco e Nafarroa.
-Asturias: Está en vías de extinción. So é recoñecida a variante mirandés en Portugal.
-Aragonés: En vías de extinción (con moi poucos falantes).O aragonés con 23.000 falantes é unha lingua, pouco recoñecida como o asturiano con 150.000-5000.000 falantes tamén está en vías de extinción.
3. Galiza: É onde se emprega o galego en tódolos ámbitos sociais do seu territorio, ten un recoñecemento constitucional ou legal e con presenza no sistema educativo e nos medios (ten un grao de protección limitada). A partir da segunda metade do século XIV, á penetración do castelán foi aumentando na literatura e na administración ao mesmo tempo o cultivo escrito da lingua foi diminuíndo ata mediados do século XVI (case desaparecera de todo).
No século XIX co Romanticismo onde se produciu o rexurdimento das letras galegas e cando comezou o actual movemento de reivindicación lingüística que no século XX se esforzou para acadar a normalización da lingua.
Aquí se mostran unhas páxinas de medios de comunicación en galego na rede: A Nosa Terra, Galicia Hoxe e Vieiros.
4.Recomendámoslles ós pasaxeiros que fagan este camiño para coñecer as diferentes linguas de diversas comunidades de España. As comunidades minorizadas teñen dereito a desenvolveren a súa vida na súa lingua, por iso, en Galiza realízase por exemplo o día das letras galegas para recuperar o uso social desta lingua.
Publicado por
3ºAgrupo1
en
02:41
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
sexta-feira, 14 de dezembro de 2007
segunda-feira, 3 de dezembro de 2007
Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)
Es a luz que ilumina a miña vida,
es as espiñas da miña pescadilla,
ai que dolor!
Es a luz que ilumina os meus soños,
es as espiñas dos meus xeonllos,
ai que dolor!
Es as espiñas da miña pescadilla,
es o sol da miña vidiña,
ai que dolor!
Es as espiñas dos meus xeonllos,
es o sol dos meus ollos,
ai que dolor!
Publicado por
xano
en
12:53
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºA)
son grandes e luminosos,
como nunha noite.
Os teus ollos de maragota
son grandes coma gaivota,
como nunha noita.
Son grandes e luminosos
que me miran vergonzosos,
como nunha noite.
Son grandes coma gaivota
que me miran como idiota,
como nunha noite.
Publicado por
xano
en
12:50
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
segunda-feira, 22 de outubro de 2007
asociiaciÓn dOs deReiitOs daS eiRugaS,,
Ola rapazoulos, somos Tamara, Dani e Juan, de 3ºA do I.E.S da Pobra do Caramiñal.
Estamos aquí para defender as eirugas e os seus dereitos na nova asociación da protección de dereitos das eirugas (APDDEE). Isto imos levalo a cabo nas granxas de eirugas. Protexerémolas dos inimigos e integrarémolas na sociedade. Promoveremos a amizade entre eirugas e organizaremos carreiras.
Publicado por
3ºAgrupo5
en
03:04
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
ASOCIACIÓN PARA O PERMISO DE REALIZACIÓN DE GRAFFITIS
SOMOS OS ALUMNOS DO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL DA CLASE DE 3ºA: HUGO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, DANIEL MUÑIZ GAGO E SARA BOO OLVEIRA.
CONSTITUÍMOS A ASOCIACIÓN PARA O PERMISO DE REALIZACIÓN DE GRAFFITIS, COS OBXECTIVOS:
-CONSEGUIR QUE SE PERMITA REALIZAR OS GRAFFITIS.
PARÉCENOS BEN QUE AS PINTADAS NAS CASAS, OS TRENS E NOS ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS ESTEAN PROHIBIDAS.
PERO SE QUEREN QUE NON SE FAGAN QUE DEIXEN FACELOS NOS MUROS VELLOS OU QUE HABILITEN MUROS EN ZONAS DE PAGO.
Publicado por
3ºAgrupo3
en
02:55
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
ACCDA(asociacion contra a caza deportiva de animais)
Somos os alumnos de 3ºA do IES Pobra do Caramiñal:
-Abel Cores Fandiño
-Maria Regueiro Santiago
-Mª Teresa Maneiro Fraga
Os nosos obxectivos son:
·Defender os dereitos de vida dos animais.
·Prohibir a súa caza deportiva.
A ACCDA decidiu manifestarse en contra da caza deportiva de animais, xa que teñen tanto dereito a vivir coma nós.
Publicado por
3ºAgrupo2
en
02:49
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
Presentación :
Ola amigos, somos :
Jorge Pazos del Río,
José Manuel García Junco,
Alexandra López Prado.
Da clase de 3ºA do IES da Pobra do Caramiñal. Queremos conseguir que se coide máis a natureza.
Os nosos obxectivos son os seguintes:
- Conseguir que os bosques estean máis limpos e vixiados.
-Facer unha campaña que fomente os coidados dos montes.
-Conseguir que a xente utilice máis as papeleiras.
-Contribuír a que se queimen menos os bosques.
-Cambiar os hábitos das persoas .
..........................PARA UNHAS ZONAS VERDES!!!!
Un saúdo dos alumnos do grupo 4 de 3ºA
Publicado por
3ºAgrupo4
en
02:44
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
Asociación
Publicado por
3ºAgrupo6
en
02:38
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
Asociación deportiva ( Béisbol club)
Publicado por
3ºAgrupo1
en
02:37
0
comentarios
Etiquetas: 3ºA
quinta-feira, 11 de outubro de 2007
Presentámonos
Somos alumnos de 3º do IES da Pobra do Caramiñal.
E imos publicar varias entradas neste blog durante este curso. As entradas estarán relacionadas coas actividades que realizaremos ó longo do ano na materia de lingua galega e literatura.
Un saúdo.
- TAREFA I
1. Lemos a entrada Sumándonos.
2. Prememos en
3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
4. Prememos en Nova entrada
5. Escribimos o texto coas presentacións.
5. Creamos a ligazón
coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
6. Inserimos a imaxe
máis axeitada que atopemos.
7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos. - TAREFA II
0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
Dúas vías para obter esa información:
a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados? - TAREFA III
1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)
Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:
a)Unha vez que se abriu unha conta:
b)Manexo dos mapas:
c)Elaboración:
Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
Acceso a Glinkr
2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO. - TAREFA IV
1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo? - TAREFA V
1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.




coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
máis axeitada que atopemos.