Estamos a probar a ferramenta Issuu para publicar algúns dos textos poéticos produto dun obradoiro en conexión coa historia da literatura galega. Velaquí os tres primeiros (premede dobremente enriba do libro ou en OPEN para velo en grande):
- TAREFA VI
Realizade as actividades do caderno de prensa Xornalistas con xornalistas.
segunda-feira, 10 de março de 2008
Obradoiro 1
Publicado por
xano
en
07:01
0
comentarios
quarta-feira, 30 de janeiro de 2008
As linguas minorizadas do contorno. O aragonés.
Todas estas son linguas minorizadas.
ARAGONÉS
Fálase nos vales pirenaicos do norte de Aragón, é de familia románica e ten 50.000 falantes, pero non ten un status oficial.
A súa historia. Ata o século XIV avanza a reconquista cara ó sur, mais a partir de entón a progresiva dependencia política de Castela (definitiva tras os Decretos de Nueva Planta de Felipe V) fixo que fose progresivamente desprazado polo español. Malia esta situación, na década de 1970 naceu o actual movemento de reivindicación do aragonés, que non só pretende conservalo como lingua falada viva, senón que tamén o quere converter nunha lingua apta para todas as funcións. Hoxe en día, sen cobertura legal nin apoio institucional, padece un proceso de hibridación co español.
Publicado por
3ºCgrupo5
en
17:04
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
Ímosche presentar o camiño por onde podes coñecer as linguas minorizadas dende Galicia ata Bruxelas. As linguas son: galego, falado por 2.500.000 falantes, asturiano, falado por 150.00-500.000 falantes (en Asturias, no oeste de León e na zona de Miranda, en Portugal), éuscaro, falado por 600.000 falantes (no País Vasco, Navarra e País Vasco-francés), aragonés, falado por 23.000 falantes (en Aragón), catalán, falado por 8.000.000 falantes (en Cataluña, Valencia e Illas Baleares, fundamentalmente) e, por último, occitano, falado por 1.000.000-3.000.000 falantes (no Sur de Francia).
O asturiano naceu no século X e axiña tivo que convivir co castelán. Así, o asturleonés foise dialectalizando. Desde o século XVII, principalmente en Asturias, tivo un certo cultivo literario. Hoxe é Asturias o territorio de lingua leonesa onde hai máis falantes e onde se conserva unha vitalidade máis grande. Estes factores determinaron que na década de 1970 nacera aló o actual movemento de reivindicación lingüística.
Publicado por
3ºCgrupo2
en
17:01
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
O camiño das linguas
O percorrido escollido pasa por: Galicia, onde se fala galego; logo atravesa por Asturias, León e parte de Portugal, onde se fala asturiano; despois polo País Basco e Nafarroa, onde se fala eusquera; en Aragón fálase aragonés; en Cataluña, Illas Baleares e Andorra fálase catalán; entón imos ata o sudoeste de Francia e Lleida, onde se practica o occitano ou provenzal.
Publicado por
3ºCgrupo1
en
16:58
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
segunda-feira, 14 de janeiro de 2008
O camiño Galicia-Bruxelas por diversas linguas.
NOME:Éuscara e Euskera.É unha rareza linguística, en Europa é a máis antiga.Foi falada fóra dos límites do actual País Vasco,tanto o norte e a o sur, como o leste e o oeste.Hai cento cincuenta anos, o euskera era falado por máis da metade da poboación do país.Hoxe, o número de falantes non pasa do 25%.Os factores que provocaron ese retroceso da lingua son diversos:- a imposición do castelán-o do francés nas escolas e nos servizos públicos,- a inmigración, que en ocasión foi masiva, etc.
Recomendamos esta páxina:http://www.berria.info/
Publicado por
3ºCgrupo3
en
02:03
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
Xanela do coche.
A diversidade lingüística permite coñecer outras formas de entender o mundo, dispoñernos para o uso de varias linguas. Ademais, as comunidades minorizadas teñen dereito a desenvolver a súa vida na súa lingua.
Publicado por
3ºCgrupo4
en
02:01
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
segunda-feira, 17 de dezembro de 2007
cantiga de amigo e maldicir
O parvo do meu amigo
é retrasado e non veu comigo
que parvo que é.
O parvo do encabronado
é retrasado e deixoume colgado
que parvo que é.
É retrasado e non veu comigo
por cabrón empedernido
que parvo que é.
É retrasado e deixoume colgado
por cabrón estou namorado
que parvo que é.
Pablo Romero Torres
Publicado por
3ºCgrupo4
en
01:49
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
quinta-feira, 11 de outubro de 2007
Asociacion Fóra o tabaco
Ola, somos Sandra, Sara e Encarna, de 3ºC do IES da Pobra do Caramiñal.
Creamos a asociación Fóra o tabaco para dar a coñecer a opinión de cada un.
A asociación Fóra o tabaco ten como obxectivos organizar campañas contra o tabaco, atender a enfermos de pulmón, mellorar o medio ambiente,axudar a xente a que non fume e lanzar ao mercado parches de nicotina.
Publicado por
3ºCgrupo5
en
04:08
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
APCTI
Ola. Somos os alumnos da clase de 3º ESO C do I.E.S da Pobra do Caramiñal:
-Diego Cespón Pose
-Alex Pérez García
-Ana González Guillán
-Noa Calo Sánchez
Somos os fundadores da asociación APCTI.
A asociación de pais contra o tabaquismo infantil quere informarvos de que o vindeiro Domingo celebrarase unha congregación de pais e nais para frear a distribución de tabaco ós menores de 18 anos. A congregación durará o que faga falta para frear este mal uso nos menores.
Os nosos obxetivos principais son os seguintes:
Tratar temas como o consumo do tabaco tanto na escola como na rúa.
Tamén falar dos compoñentes nocivos que constitúen o tabaco e o efecto que poden ter sobre as persoas adictas a este vicio.
Publicado por
3ºCgrupo6
en
04:04
1 comentarios
Etiquetas: 3ºC
Cruz vermella
Somos alumnos/as de 3ºC do I.E.S da Pobra do Caramiñal.
O obxectivo principal da cruz vermella é axudar a xente con enfermidades.
A Cruz Vermella opera en lugares de catástrofes , como os incendios.
Outros obxectivos seus son:
-Atender os feridos.
-Promover campañas, por exemplo ante o cáncer.
-Mellorar a saúde da xente necesitada.
Publicado por
3ºCgrupo3
en
04:02
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
AMBAR
Ola, somos joel , Sandra e Noemi, de 3ºC do I.E.S da Pobra. Somos fundadores dunha asociación como AMBAR e queremos dar a coñecer os seus obxetivos :
1)Atender a xente minusválida.
2)Posibilitar que teñan traballo.
3)Educar os membros de Ambar.
4)Prestarlles axuda aos familiares.
Publicado por
3ºCgrupo1
en
04:02
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
ADC
- -Mellorar as condicións das clases.
- -Defender os nosos dereitos.
- -Organizar excursións máis a miúdo.
- -Fomentar o traballo en grupo.
- -Impulsar os nosos compañeiros menos capacitados na actividade do estudo.
Publicado por
3ºCgrupo2
en
04:02
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
ACME (Asociación Contra o Maltrato Escolar)
6Somos Sandra, Jenny e Pablo, de 3ºC do I.E.S da Pobra do Caramiñal
Queremos dar a coñecer a nosa asociación: "Asociación Contra O Maltrato Escolar".
Os nosos obxectivos son:
-Mantenza das campañas contra o maltrato escolar.
-Creación de centros para axudar a xente maltratada.
-Contratación de psicólogos especializados no maltrato escolar.
-Organización de campañas contra o maltrato escolar.
Sen máis, despedímonos.
Publicado por
3ºCgrupo4
en
04:00
0
comentarios
Etiquetas: 3ºC
Presentámonos
Somos alumnos de 3º do IES da Pobra do Caramiñal.
E imos publicar varias entradas neste blog durante este curso. As entradas estarán relacionadas coas actividades que realizaremos ó longo do ano na materia de lingua galega e literatura.
Un saúdo.
- TAREFA I
1. Lemos a entrada Sumándonos.
2. Prememos en
3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
4. Prememos en Nova entrada
5. Escribimos o texto coas presentacións.
5. Creamos a ligazón
coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
6. Inserimos a imaxe
máis axeitada que atopemos.
7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos. - TAREFA II
0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
Dúas vías para obter esa información:
a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados? - TAREFA III
1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)
Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:
a)Unha vez que se abriu unha conta:
b)Manexo dos mapas:
c)Elaboración:
Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
Acceso a Glinkr
2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO. - TAREFA IV
1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo? - TAREFA V
1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.



coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
máis axeitada que atopemos.