Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


Mostrando postagens com marcador 3ºD. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 3ºD. Mostrar todas as postagens

terça-feira, 15 de janeiro de 2008

O MAPA DAS LÍNGUAS




GUIÁMOSTE DENDE GALIZA ATA BRUXELAS CON ESTE PLANO :

De Galicia pasamos a Asturias e despois a León, onde se fala o astur-leonés (150000-500000) . De alí vámonos directamente ó País Vasco e a Navarra, onde se fala o éuscaro (600000) . Seguimos a nosa viaxe por Aragón, o aragonés é a lingua falada (23000) . Cerca de rematar a viaxe pasamos por Andorra, onde se fala o catalán (en Cataluña, Valencia e Illas Baleares tamén se fala : (8.000.000 de falantes) . Por último pasamos por Lleida , onde se fala o occitano (1000000-3000000).


E é o percorrido das linguas .


Situación social e política :


O galego xunto co éuscaro teñen un grao de protección limitado.
O asturiano xunto co aragonés está en vías de extinción.
O catalá presenta suficiente grao de protección.
O occitano está perigo (sen recoñecemento legal e con escasa vitalidade) .

O CATALÁN:


Escollemos esta lingua para exemplificar a situación destas linguas minorizadas porque é obxecto de debate no Estado.
Esta lingua comezouse a falar na Baixa Idade Media como lingua oficial dos Países Cataláns.
No século XVI o castelán comezou a empregarse na vida cotiá e social catalá.
A creación do Estado español absolutista e centralista comportou unha utilización crecente do castelán, xa non só como lingua de cultura senón como lingua oficial.
O desmantelamento da coroa catalano-aragonesa fixo que o catalán fose diminuíndo o seu número de falantes. Malia que o recoñecemento legal do cal goza é importante, é menor có que ten o castelán. A presenza do catalán na rede é importante e como mostra poñemos este enlace : Avui



RECOMENDACIÓN:

-Infórmate sobre as linguas minorizadas para que vexas que aínda que sexan de pouca extensión, son interesantes e podes aprender moito delas.

BOA VIAXE



Queremos axudarvos a facer un percorrido dende Galicia ata Bruxelas que permita coñecer as linguas minorizadas.Para chegar ata Bruxelas é necesario atravesar Galicia, onde se fala o galego. Logo hai que pasar por Asturias que se fala o asturiano.Tras pasar por Asturias pasamos polo País Vasco, que se fala o euskara. A continuación pasamos por Aragón onde se fala o aragonés. Agora pasamos a Francia, onde se fala o francés, pero tamén outras linguas minorizadas como o occitano (que tamén se fala no Val de Arán, en Cataluña, onde esta recoñecido).
O GALEGO
Esta lingua atópase en Galicia. Fálana uns 2,7 millóns de falantes. Até os últimos tempos da Idade Media, e apesar da inclusión de Galicia na coroa de Castela, o uso do galego era xeral en todos os ámbitos, a partir da segunda metade do século XIV, a penetración do castelán foi aumentando, tanto na literatura como na administración.Ao mesmo tempo, o cultivo escrito da lingua foi diminuíndo e case desaparece. Nesta época, por outra banda, unha evolución lingüística diverxente xa afastara as falas de Galiza das de Portugal. Non foi até o século XIX co romanticismo cando se produciu o rexurdimento das letras galegas.Lingua cooficial en Galiza (non nos territorios do galego exterior). Cun grao de protección limitado: posúe recoñecemento legal e social, mais non recupera falantes.
A radio e televisión públicas galegas poden verse aqui.

segunda-feira, 3 de dezembro de 2007

Cantiga de amigo (creación colectiva de 3ºD)

[Imaxe tomada deste sitio (entra e tocarás); vía Made in Galiza]

Vinte pasar preto do mar
e sentín dentro de min algo brillar,
onde irás?

Vinte pasar preto de Toimil
e sentín dentro de min un pitilín,
onde irás?

E sentín dentro de min algo brillar
que me ía emocionar,
onde irás?

E sentín dentro de min un pitilín
que me facía ver o que sentín,
onde irás?

terça-feira, 16 de outubro de 2007

PUFÉ FOR MEN




ASOCIACION A FAVOR DOS HOMOSEXUAIS



Somos os alumnos :



Germán,Lidia,Marta e ... X de 3ºD do IES Pobra do Caramiñal






Nos apoiamos os dereitos dos homosexuais por solidaridade... por que fai falta un colectivo de heterosexuais que os defenda das personas que ainda non maduraron no seculo XXI.

Queremos concenciar a xente de que:

-Son persoas cos mesmos dereitos que os heterosexuais.

-Ainda que non teñan os mesmos gustos que nos temos que respetalos.

SIN MÁIS DESPEDIMONOS,UN SAÚDO DO 4 GRUPO DE 3ºD

APB (Asociacion protectora de bosques)

oOoOla!!!somos:

-Toño Riveiro Santos
-Julian Rodriguez Casais
-Juan Carlos Muñiz Lopez
-Maria Piñeiro Montes
-Belen Lojo Martinez

Do IES da Pobra do Caramiñal.

Formamos entre nos unha Asociación de Protección de Bosques (APB). Os nosos obxectivos para a nosa campaña son:

- Respectar e protexer as árbores.
- Replantar as árbores queimadas ou cortadas.
- Prohibir a tala de árbores.
- Poñer máis puntos de vixilancia nos montes.
- Concienciar a poboación do dano que están facendo contaminando e non respetando o medio ambiente.


Fomento do uso do preservativo


Que tal t0odos???

Usades o preservativo??
Somos do I.E.S. da Pobra do Caramiñal.
Nos intentamos crear unha campaña de fomento do uso do preservativo, somos un grupo de catro alumnos de terceiro da ESO .

Seguramente a maioría da xente non utiliza preservativos.
A federación do uso do preservativo e as asociacions que a forman desenvolven multiples actividades reinvidicativas e de sensibilización.
Unha das tarefas da Federacion do uso do preservativo e convencer a xuventude de que use o preservativo para evitar as infeccions como o SIDA ...

CIAD


Ola chamámonos Alba, Yolanda, Rubén e Feliciano .Somos de 3ºD do I.E.S da Pobra do Caramiñal.

A nosa organización chámase CIAD (Campaña Internacional Anti Drogas).Queremos reducir ou eliminar o trafico ilegal e as consecuencias das drogas.

Os nosos obxetivos principais son :

-Intentar frenar o tráfico das drogas.

-Organizar actividades que axuden a superar a independencia.

-Facer constar pola rua que as drogas son malas.

-Falar coa xuventude para facer saber que drogarse é malo.

quinta-feira, 11 de outubro de 2007

Presentámonos

Somos alumnos de 3º do IES da Pobra do Caramiñal.
E imos publicar varias entradas neste blog durante este curso. As entradas estarán relacionadas coas actividades que realizaremos ó longo do ano na materia de lingua galega e literatura.


Un saúdo.


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.