Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


Mostrando postagens com marcador 3ºB. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 3ºB. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, 19 de junho de 2008

terça-feira, 17 de junho de 2008

Poemas nas diferentes etapas históricas


ETAPA MEDIEVAL:

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
e vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que hei gran cuidado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Martín Codax



-TEMA DO POEMA: A nostalxia que sente unha rapaza polo amigo que está navegando.

Información sobre a etapa medieval:

-Os cancioneiros profanos

O galego-portugués nace no noroeste da Península a partir do latín e evoluciona dun xeito diferente a outras linguas romances da península Ibérica.
O seu período de crecemento atópase entre os século XII e a metade do século XIV. Coincide cos reinados de Fernando III e Afonso X de Castela.
A partir da segunda metade do século XIV iníciase a decadencia literaria, porque a nobreza galega foi substituída por outra de fóra (nobreza non-galega).
Neste período seguirase a escribir en galego, pero este vai perdendo valor, pois a maior parte dos poetas son casteláns que empregan un galego que está cheo de castelanismos.

-Os poetas
Os creadores da lírica medieval son:
· Os trobadores: que pertencian xeralmente á nobreza. Estes poetas eran compositores e en ocasións intérpretes das súas composicións.
· Os xograres: pertencían ó pobo e aínda que algún chegou a compoñer cantigas, normalmente interpretaban composicións alleas.
· Os segreis: pertencían á baixa nobreza e compoñían e interpretaban as súas propias composicións con fins lucrativos.

-As cantigas de amigo:
Son de orixe popular galega e reciben este nome porque é a palabra «amigo» a que se repite ó longo do poema. A cantiga está posta en boca dunha muller, aínda que estea composta por un trobador, que expresa os seus sentimentos amorosos, xeralmente a ausencia do amigo, dirixidos á nai, ás irmás, ás amigas, ou a seres inanimados ou irracionais.
Os recursos máis característicos das cantigas de amigo son: o paralelismo, o leixaprén e o refrán.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Martín Codax


SÉCULOS ESCUROS:

Ronca del río Miño

Cando tanta festa fan
-¡miña nai, como se roxe!-
a esta nova fonte de hoxe,
¿que será de ti, Miñán?
Tempos vén e tempos van,
cae Miñán quen subeu onte;
póñase ben alta a fonte,
que non é, por máis que o pense,
para beixarme en Ourense
no ollo da miña ponte.
(1755)

Cura de Fruíme


-TEMA DO POEMA: Homenaxe á fonte ourensá do río Miño.

-Información sobre os Séculos Escuros:

Período de decadencia que comprende os séculos XV e XVIII.

Nesta época o castelán impúxose sobre o galego e a literatura galega era case só oral e utilizada pola xente de baixa clase social (que comprendían á inmensa maioría). Case non houbo documentos escritos en galego nesta época.
Isto comezou tras a desaparición da nobreza galega e a chegada da nobreza de orixe castelá. Deste xeito, o poder político, económico e relixioso quedou en mans de persoas de orixe non-galega.
Outros factores que influíron nas perda do galego escrito son:
-A ausencia dunha burguesía capaz de defender os seus intereses e os do país.
-A perda de autonomía da Igrexa galega.

Coa chegada do século XVIII comeza a recuperación do cultivo literario grazas ós ilustrados.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre o Cura de Fruíme.


SÉCULO XIX:

A leiteira

Ergome a'o abrir d'o dia
inda alumea o luceiro,
e'en chegando a algun regueiro
bautizo con auga fria
o leite d'o meu pucheiro,
porque mellor aproveite,
¿Quén merca o leite?

Madrugueiros estudantes
hacho ô pasar pol-a veiga
e deteñenm'os tunantes
pedindo nata, manteiga,
e que sei eu.... Banadantes!
mal fogo de Diol-os-deite,
¿Quén merca o leite?

Cando eu entro pol-a Vila
todos inda están n'a cama
en doce calma tranquila,
¿quén de sono os espavila?
eu que vou chama que chama
hastra qu'algun s'endireite,
¿Quén merca o leite?

E desperta algun señor
abrazando â compañeira
entre suspiros d'amor,
pero gracias â Leiteira
qu'entre seus brazos a estreite,
¿Quén merca o leite?

Corro a Vila sin parar
n'a cabeza pósta a cesta
que relouco por comprar
un adrezo para a festa,
figa, rosario e pieite,
¿Quén merca ó leite?

Tamen hey comprar xabon
e unha cartilla de aceite,
mas ¡ay! dou un tropezon,
adios figa, adios pieite;
¡Dios mio! ¡qué compasion!
adios adrezo, adios Ieite!!!

Francisco Añón



-TEMA DO POEMA: O traballo dunha leiteira, como é o seu día a día, e os seus desexos frustrados.

Nesta ligazón obterás información sobre Francisco Añón.


¡CALADE!

¡Hay n'as ribeiras verdes, hay n'as risoñas prayas
E n'os penedos ásperos, d'o noso inmenso mar,
Fadas d'estraño nome, d'encantos non sabidos
Que sô con nos comparten seu prácido folgar.
—
Hay antr'a sombr'a amante d'as nosas carballeiras,
E d'as curtiñas frescas, no vívid'esprendor,
E n'o romor d'as fontes, espritos cariñosos
Que só ôs qu'aquí naceron, lles dan falas d'amor.
—
Y hay n'as montañas nosas, e n'estes nosos ceos
En canto aqui ten vida, en canto aqui ten ser,
Cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
De vaguedad'incerta, qu'á nos só da pracer.
—
Vos pois, os que naceches, n'a orela d'outros mares,
Que vos quentás á llama de vivos lumiares,
E só vivir vos compre, baix'un ardente sol;
Calá se n'entendedes encantos d'estos lares,
Cal n'entendend'os vosos, tamen calamos nos.

Rosalía de Castro


-TEMA DO POEMA: A beleza encantadora da natureza galega, dos bosques, dos ríos..., incomprendida polos alleos.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Rosalía de Castro.


O divino sainete (Canto I)

Era o Nadal: noite fría
Iba pechando entre nubes
Que un vento forte tanguía.
Desertas prazas e ruas,
Madrí estremélase todo
D'o norte ás rafagas cruas.
N'o meu capote embrullado
Eu iba, cal sempre, triste,
Por longa estrada enfiado,
Pensando co'a testa ó peito
N'aquiles que n'esta noite
Non teñen lume nin leito,
Cando, n'a inmensa negrura
D'a sombra que m'envolvía
Como n'unha sepoltura,
Escoitéi mainiño e quedo
Grave romor de parola
Que m'harripióu de medo.
—¡Ay d'o que busca a verdade
D'a fé c'o candil mortizo,
Que nunca deu craridade!
¡Ay d'o que en sombras camiña!
¡Ay d'o que quer facer caldo
E non ten unto e fariña!
¡Ay d'o que as festas condena,
E quer millorar as xentes
Fuxindo d'elas con pena!
Así unha voz me dicía
Que un longo, invisibre coro
Lentamente repetía.
Era un coro resoante,
Como un piñar que removen
As témporas d'o levante;
Coro en que hai xordos queixidos,
Estralos de gallas secas
E de corazós partidos,
Afagos de suaves brisas,
Berros de gorxas abertas,
Notas d'afogadas risas.
De forte facendo gala
Erguin a testa soberbo
E perguntéi: —¿Quén me fala?
Y-a voz tornóu: —Non ch'o digo
S'antes sobr'a crus non xuras
Ir, ond'eu vaya, comigo.
—Xurado está, s'é por eso;
Que oxe por xurar en falso
A ninguén che levan preso.
Así falei; voz estraña
Berróu n'este medio tempo:
"¡Adiante a Santa Compaña!".
E us brincando, outros ausortos,
Miréi pasar en ringleira
Unha procesion de mortos,
E sentin n'as pedras duras
Ruxir de zocos, sandalias
E talares vesteduras.
D'a procesión marcha diante
O que falara primeiro
E detrás un redobrante.
De tempo en tempo parando,
¡Racatapran!... xordamente
¡Racatapran!... vai dobrando.
D'insana curiosidade
Levado, seguín ós mortos
Pol-a densa escuridade,
E fomos con paso incerto
D'ancha gándara areosa
Atravesando o deserto.
Alá lonxe, fulgurantes,
Asomellando dous soles
Fixos e parpadexantes,
Relocian n'o hourizonte
Dous discos roxos, que finxen
Os ollos d'un mastodonte.
—¿Onde esta xente me leva?
Pensaba eu, indo ás palpadas
Pol-o camiño de treva.
¿Volveréime tolo agora
Ou pillaríanme as bruxas?...
¡San Silvestre! ¡meigas fora!
Y-o tambor que ó par levaba:
¡Racatapran! —solasmentes
¡Racatapran! —contestaba.

Curros Enríquez



-TEMA DO POEMA: Encontro coa Santa Compaña dos que procuran a xustiza.

Nesta ligazón poderás atopar información sobre Curros Enríquez.


Queixumes dos pinos.

Monte-Branco, Monte-Branco,
Cando te vexo de longe,
Verto a soas triste pranto.

Pois as nosas alegrías,
Ós dous nos fóno fallando;
A tí, das tuas aréas,
Os ventos te despoxáno;
A min, tamen me fallecen,
Aqueles gustos pasados:
Tí negréas, y eu teño a cabeza
Chéa de cabelos brancos!

Eduardo Pondal





-TEMA DO POEMA: Identificación do falante lírico co Monte Branco, pois aos dous afecta o paso do tempo.

Nesta ligazón poderas atopar información sobre Eduardo Pondal.


-Información sobre o Rexurdimento (Século XIX):

No século XIX comezou unha nova etapa de dignificación e reivindicación da lingua e literatura galegas. Aparece unha ideoloxía galeguista e; grazas a poetas como Rosalía, Curros e Pondal, retómase o cultivo literario de dita lingua. Pola mestura do galego e castelán aparecen numerosos dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. Así comezou o Rexurdimento.

Aínda que o castelán seguía a súa expansión, o galego pasou a falarse en máis ámbitos ca nos Séculos Escuros.

Lorena, Aine e Raquel (3ºB)

domingo, 25 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa II





Esta viñeta cómica de prensa galega, en concreto de Galicia Hoxe, usa un humor crítico cara ás actitudes da humanidade e o seu mal uso das novas tecnoloxías, coas que incrementamos o risco do cambio climático. Fai unha sátira social con respecto á rápida chegada deste grave problema, xa que indica que en 100 anos volveremos á rústica Idade Media de novo, polo tanto será un atraso no tempo para nós e os nosos descendentes. Usan esta viñeta para reflectir o mal estado do mundo, e o pouco considerados que somos, xa que valoramos moi pouco o que temos e o que chegaremos a ter. O cambio climático é moi grave na nosa sociedade, cada vez increméntase máis.
Utilizan a animalización, empregan o uso das moscas, que é un animal moi pouco apreciado. O mundo aparece nun tamaño máis pequeno có real e as moscas máis grandes. Queren dicir con isto que o mundo é máis pequeno co cambio climático e que ata as moscas son máis grandes ca nós, xa que somos os causantes de que o mundo estea así.

Para informarse sobre a situación a través da opinión da Organización Galega "Rede de Observación Ambiental de Galicia", atopamos novas nesta ligazón.

quarta-feira, 14 de maio de 2008

Xosé María Álvarez Blázquez



Información e actividades sobre o poeta, aquí.

sexta-feira, 9 de maio de 2008

As nosas viñetas da prensa



Esta viñeta refírese ó conflito existente nestes momentos entre Esperanza Aguirre (presidenta da Comunidade de Madrid) e o presidente do Partido Popular Mariano Rajoy. O que ocorre é que hai rumores sobre que Esperanza Aguirre ten intención de presentarse para substituír a Rajoy no congreso do partido en Xuño.

Co título "Andan na procura da "paz" interna" e os debuxos de Mariano e Esperanza cuns narices moi longos (dando a entender que os dous menten) e cun "P" afiado agochado nas costas (referíndose ás siglas do partido e á inicial da palabra paz, presente no título) o autor quere expresar as falsidades e o conflito existente, así como a competividade que en realidade existe entre os dous políticos.

Ligazón á noticia á que se refire a viñeta.

Tamara (3ºB)

sábado, 12 de abril de 2008

Lemos a prensa

Do venres 28 de marzo de 2008 escollemos a noticia referente ás medidas que a Vicepresidencia da Xunta prevé aplicar ante o malestar veciñal provocado polo reacollemento de familias xitanas en determinadas vilas e barrios galegos procedentes de asentamentos chabolistas problemáticos.
Este tema, complexo e polémico, ten un grande interese social, posto que conflúen posturas enfrontadas, nalgún caso claramente racistas, á hora de entender como erradicar a marxinación dunha parte do colectivo xitano galego. A aposta do goberno é lograr a reintegración social de chabolistas xitanos mediante poboados de transición, proposta lanzada polo vicepresidente Quintana logo da violenta oposición de certos veciños dos contornos nos que foran realoxadas familias procedentes de poboados marxinais.
O xornal Galicia Hoxe, máis conservador, outórgalle a esta cuestión unha relevancia moito maior cós demais medios, ao constituír a noticia principal de portada e ocupar unha extensión considerábel. En Vieiros tamén ten certa relevancia, onde provoca, por certo, dez comentarios dos lectores.
A respecto do enfoque, atopamos diferenzas notábeis entre os xornais, aínda que en ningún se aprecia unha postura contraria ao goberno e non se considera en ningún caso a opinión da veciñanza. En Galicia Hoxe destácase a posición do alcalde de Pontevedra a favor do plan de Quintana, aínda que con condicións, e dáselles voz tamén a outros protagonistas políticos e sociais. Vieiros e A Nosa Terra focalizan, en cambio, a aceptación por parte do presidente Touriño do plan da Vicepresidencia. E en GZnación, o xornal máis próximo á ideoloxía do partido de Quintana, recóllese o apoio incondicional que a Asociación do Pobo Xitano lle dá á proposta do vicepresidente.


Outra noticia fala sobre un pesqueiro que atopou os restos dun cadáver xunto á costa de Doniños (Ferrol). O mariñeiro "Francisco Javier" localizou o corpo, en avanzado estado de descomposición, arredor das 8 da mañá mentres subía as redes. Unha vez en terra, a Garda Civil fíxose cargo dos restos sen vida, e un xuíz tomou dilixencia para o seu traslado. Pénsase que é un dos mariñeiros que desapareceu tras o naufraxio do pesqueiro "Cordero". Váiselle facer a autopsia e probas para identificar o cadáver.
Esta noticia aparece de diferentes modos en "Galicia Hoxe" e en "De luns a venres":
- En "Galicia Hoxe" dáselle menor importancia. Por iso aparece con letra máis pequena, como unha noticia secundaria. Non ten ningunha foto e pódese ver na marxe. O titular é: "Un pesqueiro localiza os restos dun cadáver en augas próximas a Doniños (Ferrol) e lévaos ó porto da Coruña"
- En "De luns a venres" dáselle máis importancia, polo que a noticia se presenta cunha letra máis grande e en negriña. Tampouco aparece foto, pero a noticia non aparece na marxe en pequeniño, senón que está no centro. O titular é: "Un pesqueiro colle na rede restos humanos descompostos fronte á praia de Doniños".

Seguiremos achegando novas.

Coñecín as cidades do norte



Poema de Fran Alonso.
Imaxes de Morguefile.
Recitado de alumnas de 3ºB

sábado, 15 de março de 2008

Obradoiro 2




Con música de Fanny e Alexander:

quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

O mapa das Linguas

-Imos facer unha ruta pola que amosaremos as distintas linguas minorizadas que podemos encontrar no noso contorno-




- Comezamos en Galicia, onde se fala o galego. O número de falantes do noso idioma é de 2.500.000. Posúe recoñecemento legal e social, mais non recupera falantes.


- Continuamos en Asturias, a lingua é o asturiano. Podemos encontrar información sobre o asturiano en Asturies.com . Está en vías de extinción, conta con poucos falantes. Tamén se fala nunha comarca de Portugal. Dende o século XVII tivo un certo cultivo literario. Asturias é o terrritorio de lingua leonesa onde hai máis falantes e onde se conserva unha vitalidade máis grande. Estes factores determinaron que na década de 1970 nacera aló o actal movemento de reivindicación lingüística.




- Seguimos no País Vasco, no que se fala o éuscaro (eusquera, vasco ou basco). Posúe recoñecemento social e legal.




- A continuación chegamos a Aragón, e ao norte desta comunidade podemos sentir o aragonés. Non ten recoñecemento legal e está en vías de extinción.




- Logo encontrámonos coa lingua catalá, en Cataluña. Con suficiente grao de protección, consta de 8.000.000 de falantes.




- De seguido atopámonos coa lingua occitana, no sueste de Francia. En Lleida coñécese como o aranés.


Se queres realizar esta emocionante ruta terás sobre todo que ter alegría e interese por aprender a diversidade lingüística que hai na Península Ibérica e parte de Francia.




quinta-feira, 17 de janeiro de 2008


Non é necesario saír de España para descubrir múltiples linguas e culturas.

De feito, en España, o castelán convive con outras linguas como o galego, o asturiano, o vasco, o aragonés, o catalán e o aranés (variante do occitano).

Cada unha destas linguas ten as súas propias normas e o seu territorio non coincide coas fronteiras políticas.

Son linguas minorizadas. Algunhas están moi protexidas como o catalán (fálase en Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andorra). Outras teñen un grao de protección limitada como o galego (fálase en Galicia e nalgunhas franxas de Asturias e León), o vasco (fálase en Euskalherria, no estado español, e Iparralde, no estado francés). As demais atópanse en perigo, xa que non contan con recoñecemento legal e o número de falantes é moi baixo, é o caso do asturiano (fálase en Asturias, unha franxa de León e Zamora e unha comarca de Portugal), aragonés (fálase nos vales pirenaicos do norte de Aragón) e o occitano.

Para comprender a situación na que se atopan estas linguas, poñemos como exemplo o galego.

Na Idade Media, o galego, vivía nunha situación de normalidade. Utilizábase tanto no oral como na escrita. Dende mediados do século XIV ata a metade do XVI, a escrita en galego diminuíu ata case desaparecer. No século XIX prodúcese o rexurdimento, etapa na que se procura a normalización da lingua. Na actualidade o galego conta con 2.500.000 falantes e posúe recoñecemento legal e social mais este número está en descenso.

Para apreciar o valor de estarmos nun estado plurilingüe debemos ver estas linguas como unha riqueza e non un problema.



Percorrido Galicia-Bruxelas. O mellor percorrido para viaxar ata Bruxelas e coñece-las linguas minorizadas é o seguinte: -Primeiro por Galicia, onde se fala o galego (2.500.000 falantes). -Logo chégase a Asturias, onde se fala o astur-leonés (150.000-500.000 falantes).
-Para continuar atravesámo-lo País Vasco, onde se fala eusquera (600.000 falantes).
-O seguinte lugar polo que pasaremos é Aragón, onde se utiliza o aragonés (23.000
falantes).
-Despois chegamos a Cataluña, onde se usa o catalán (8.000.000 falantes).
-Finalmente imos chegar ó norte de Cataluña e ó sueste de Francia; aquí emprégase o occitano (1.000.000-3.000.000 falantes). É unha lingua en perigo e sen recoñecemento legal, pero si é recoñecida en Lleida como o aranés. O occitano consolidouse na Baixa Idade Media como lingua administrativa. Os primeiros textos en occitano son do século XI. A partir da protección que lle outorgou o Estatuto de Cataluña. Vén consolidándose no val do Arán ata chegar a cooficialidade, conxuntamente co catalán e o castelán.

A diversidade lingüística permite coñecer outras formas de entender o mundo, por iso, anímate a coñecer as linguas que se falan nestes lugares. Así, podemos aumentar a nosa competencia lingüística.


CAMIÑO DENDE GALICIA A BRUXELAS ATENDENDO ÁS LINGUAS MINORIZADAS


O noso percorrido para chegar a Bruxelas comeza en Galicia, onde se fala o galego. O galego ten uns 2.500.000 falantes que van diminuíndo coas novas xeracións. Aínda así, ten un

O seguinte lugar polo que pasaremos será Asturias. Aquí fálase o asturiano, tamén chamado leonés. Ten entre 150.000 e 500.000 falantes. Esta lingua ten poucos falantes, polo que está en vías de extinción. Ademais, non é unha lingua oficial.

Seguindo o noso camiño atopamos o País Basco. Nesta comunidade fálase o éuscaro, tamén chamado eusquera e basco. Malia que é unha comunidade pequena, ten un recoñecemento legal e o respaldo das institucións e da sociedade. Ten uns 600.000 falantes. O éuscaro non ten parentesco con ningunhas das linguas faladas en Europa. Esta lingua, que é a máis antiga de todas elas, xa existiu en tempos prehistóricos. A área do Euskaro foi recuando ó longo dos séculos, inclusive dentro dos límites do País Basco. Hoxe, a pesar dos esforzos dos últimos anos para a promoción desta lingua, o número dos que a falan non pasa do 25%. Este recuamento produciuse pola imposición do castelán ou do francés nas escolas e nos servizos públicos, a inmigración, etc.

Despois de pasar polo País Basco chegamos a Aragón. Aquí fálase unha lingua con 23.000 falantes, o aragonés, que está en vías de extinción. Non ten recoñecemento legal.

Preto de chegar ó remate da viaxe, atopamos o catalán, unha lingua falada en Cataluña, Valencia, Illas Baleares, Andorra, Catalunya Nord (Francia), Carxé (Murcia) e Alguer (Sicilia). Ten entre 8.000.000 e 9.000.000 de falantes. É unha lingua cooficial e ten un goberno autónomo que o impulsa. Está ben apoiada por institucións e sociedade.

No remate do camiño encóntrase o occitano. Ten entre 1.000.000 e 3.000.000 de falantes.
Fálase en toda a zona do sueste se Francia. Está en perigo: non ten recoñecemento legal e ten pouca vitalidade. recoñecemento legal e social, cun grao de protección limitado. Si é recoñecida, co nome de aranés, en Lleida.


Ó longo desta viaxe encontrarás moitas linguas o que é positivo, xa que demostra que existe unha gran riqueza lingüística. Esperamos que a nosa información poida servirche de axuda.

AS NOSAS LINGUAS
Para ir de Galicia a Bruxelas temos que ir polo norte da península. Saímos de Galicia, onde se fala o galego (2.500.000 falantes). Logo pasamos a Asturias, onde se fala o asturiano (150.000-500.000 falantes). Despois pásase ó País Basco, onde se fala o eusquera (600.000 falantes). A continuación imos a Aragón, lugar no que se fala o aragonés (23.000 falantes). Como seguinte destino seguiremos coa nosa ruta pasando por Cataluña (8.000.000 falantes). Por último,chegamos a zona sueste de Francia, no que empregan como lingua o occitano, que conta con 1.000.000 a 3.000.000 falantes.


Imos explicarvos as súas situacións sociais:

- O galego: conta cun grao de protección limitado. Posúe recoñecemento social e é a lingua cooficial de Galicia.

- O asturiano: está en vías de extinción e non conta con estatuto de oficialidade. Conta con moi poucos falantes.

- O éuscaro: ten un grao de protección limitado. Aínda contando con recoñecemento legal,posúe unha pequena comunidade de falantes.

- O aragonés: atópase en vías de extinción.

- O occitano: non ten recoñecemento legal, aínda que conta con moitos falantes.

CATALÁN:
Na Idade Media, o catalán alcanzou a plenitude e utilizábase como lingua oficial e de cultura. No século XVI, o castelán comezou a penetrar na vida social e cultural catalá. En 1659 a Cataluña do norte incorporouse a Francia. No resto dos países cataláns, agás Andorra, a creación do estado español comportou unha utilización do castelán como lingua oficial.
Ao longo do século XIX, a castelanización do país aumentou porque a imposición oficial do castelán era cada vez maior.
Despois da Guerra Civil Española a instauración da ditadura franquista representou un golpe moi forte para a vitalidade do catalán: prohibiuse no ensino, na administración, etc.
Na actualidade, o catalán en España ten unha situación diferente:o seu recoñecemento legal é menor que no castelán.
Fóra de España a situación do catalán é distinta: en Andorra, malia ser a única lingua oficial, posúe o mesmo recoñecemento ca en España; en Cataluña do norte e na cidade do Alguer a lingua atópase en proceso de substitución.

Hai que facer fronte a varias linguas durante a viaxe pero iso vainos axudar a ter máis competencia lingüística e a poder aprender novas palabras noutras linguas que non son as nosas propias.

O CAMIÑO DAS LINGUAS

Se queres coñecer o máximo número posible de linguas minorizadas no noso percorrido de Galiza a Bruxelas, ven connosco!


O primeiro idioma que atopamos no noso percorrido é o galego. O galego é unha lingua falada actualmente por dous millóns cincocentos mil falantes. Esta lingua posúe un recoñecemento legal e social, máis non recupera falantes.



A seguinte lingua é o asturiano. Esta lingua está en vías de extinción, actualmente só a falan entre cento cincuenta mil e cincocentas mil persoas. Só é recoñecida a variante mirandesa, en Portugal.
Seguindo o percorrido atopámonos o éuscaro, conta cuns seiscentos mil falantes e cun grao de protección limitado (posúe recoñecemento legal e respaldo das institucións e da sociedade, mais constitúe unha comunidade pequena).



Agora ímonos atopar co aragonés, do que imos facer unha introdución. O aragonés é unha lingua falada por 23.000 persoas, está en vías de extinción (non ten recoñecemento legal e tampouco moitos falantes). Esta lingua fálase nos vales pirenaicos do norte de Aragón. A súa historia é:

Na Reconquista, estendeuse o "Primitivo Reino de Aragón" cara ó sur, levando consigo a lingua e expandíndoo por todo o territorio. Houbo unha forte influencia do catalán sobre o aragonés cando se uniu o Reino de Aragón co Condado de Barcelona. Pouco a pouco o aragonés foi relegado a un ámbito rural ou doméstico polo castelán.

En 1970 naceu o actual movemento de reivindicación do aragonés, que non só pretende conservalo como lingua falada, senón que tamén o quere converter nunha lingua moderna apta para todas as funcións.



Continuamos co catalán, que conta cuns 8.000.000 de falantes. É unha lingua cooficial (ten un goberno autónomo que impulsa a recuperación de falantes e un grao de protección suficiente).
E por último damos paso ó occitano, que conta con entre 1.000.000-3.000.000 de falantes. É unha lingua que está en perigo (sen recoñecemento legal e con escasa vitalidade... pero aínda con bastantes falantes).Como exemplo da presenza do aragonés na rede, temos un medio de comunicación dixital como charrando.
Para rematar, imos facer unha pequena recomendación.

Para facer unha boa viaxe o mellor é vir a España, un país cunha diversidade de linguas non sempre valorada.



















terça-feira, 4 de dezembro de 2007

Cantigas de amigo (creacións colectivas de 3ºB)


O meu amor é como unha vaca
que me fai vibrar a mirada.
Como doe!

O meu amor é como unha ferida
que me fai vibrar ata a perilla.
Como doe!

Que me fai vibrar a mirada
cando sinto que non es nada.
Como doe!

Que me fai vibrar ata a perilla
cando sinto que non es miña.
Como doe!




Meu amor, búscote nas pradeiras,
nos campos e carballeiras.
Vente, peregrín.

Meu amor, búscote nas montañas,
nos campos e nas praias.
Vente, peregrín.

Nos campos e carballeiras,
nos ríos e nas ladeiras.
Vente, peregrín.

Nos campos e nas praias,
nos ríos e nas faias.
Vente, peregrín!




Hai ondas, hai ondas do mar azul
e tamén daquel mar do sur.
Onde vai parar o amor?

Hai ondas, hai ondas do mar vermello
e tamén daquel mar pequeno.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar do sur
a onde tantas veces fun.
Onde vai parar o amor?

E tamén daquel mar pequeno
onde tantas cousas fixemos.
Onde vai parar o amor?


quinta-feira, 18 de outubro de 2007

presentacii0n...

0la Queriid0s amiig0s...
s0m0s:
-MARTÍN GARCÍA HERMIDA
-ALBA FERNÁNDEZ SOUTO
-JESSICA RIAL VÁZQUEZ
-NAIRA BOO HERMIDA

da claSe de 3ºB d0 IES da Pobra do Caramiñal.
Querem0s c0nseguir que a maii0ría dos galeg0s reciclen.
0s nosos 0bxectiv0s s0n 0s seguintes:

- Facer unha campaña que se mova polas diferentes zonas de Galicia promocionando a reciclaxe.

- Facer unha serie de actividades que inclúan xogos para 0s mais xovenes.

- Cambiar os hábitos das pers0as para que reciclen máis a miúd0.

- C0nseguir Que 0s rapaces, dende peQuen0s, reciclen nas aulas, nas casas, etc.

- Intentar que os concell0s constrúan mais puntos limpos nas cidades, aldeas, vilas, pobos...

- Que nas cidades, aldeas, vilas, pobos, etc, exista :
·un númer0 mínimo de papeleiras de reciclaxe, c0n departament0s para cada tip0 de residu0.
·un númer0 mínim0 de papeleiras para pilas.





para un mund0 mell0r....RECICLAOMUNDO



UN SaúdO dende Os alumnos d0 gRUpo2 de 3ºB






quinta-feira, 11 de outubro de 2007

AIP (Asociación para a Igualdade entre Pilotos)

A "AIP" desenvolve unha serie de normas para a igualdade entre pilotos de F1.
Os pilotos teñen dereito a un trato igual dentro dun equipo, non como ocorre co piloto español Fernando Alonso, en McLaren. Nesta escudería británica o trato que lle dan ó asturiano non é o mesmo que o do seu "compañeiro", tamén británico, Lewis Hamilton.
O que esta asociación pretende é penalizar os actos de favoritismo dentro dos equipos.




Porque ante todo, señor Ron Dennis, hai que ser persoa.

APVG





Bos días. Somos unha asociación de rapazas de 3ºB do IES da Pobra do Caramiñal.

Creamos APVG (asociación de protección do verde galego) coa finalidade de evitar as construcións masivas nos espazos naturais galegos e protexelos.
Queremos desenvolver esta asociación nos medios naturais galegos (montes, ríos, pantanos, praias, etc).



Os nosos principais obxectivos son:

-Evitar a corta excesiva de árbores.
-Procurar que non se constrúa na costa.
-Organizar campañas para a protección dos seres vivos.
-Colaborar contra os incendios.
-Facer coñecer á xente o problema da desaparición dos montes galegos.



Despedímonos cunha forte aperta.

Organización Polos Montes Galegos



ALUMNOS DO IES.A POBRA

Alejandro
Alejandro
Darío
Anxo

Organización Polos Montes Galegos
O noso obxectivo principal é protexe-los montes de Galiza.
Actuaremos nos propios montes e reunirémonos na sede da organización.

Obxectivos:
-Limpa-los montes
-Diminuír os incendios
-Facer cortafogos
-Potencia-la fauna
-Plantar árbores

Un saudo de OPMG.


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.