Comezamos o noso percorrido por Galicia, onde se fala o galego; seguimos por Asturias falando o asturiano, logo polo País Vasco, un dos territorios do éuscaro ou vasco; pasamos tamén por Aragón e ao norte desta comunidade consérvase o aragonés; e continuamos por Cataluña co catalán.Todas estas son linguas minorizadas.
ARAGONÉS
Fálase nos vales pirenaicos do norte de Aragón, é de familia románica e ten 50.000 falantes, pero non ten un status oficial.
A súa historia. Ata o século XIV avanza a reconquista cara ó sur, mais a partir de entón a progresiva dependencia política de Castela (definitiva tras os Decretos de Nueva Planta de Felipe V) fixo que fose progresivamente desprazado polo español. Malia esta situación, na década de 1970 naceu o actual movemento de reivindicación do aragonés, que non só pretende conservalo como lingua falada viva, senón que tamén o quere converter nunha lingua apta para todas as funcións. Hoxe en día, sen cobertura legal nin apoio institucional, padece un proceso de hibridación co español.






















coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
máis axeitada que atopemos.
(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)








