Formulario para enviar textos de actividades.
    O teu nome / Os vosos nomes:
    Texto:


segunda-feira, 21 de janeiro de 2008

Paseo polo basco


Para comezar o noso percorrido polos territorios das linguas minorizadas, recomendámosche dar un pequeno rodeo para pasar polo norte de Portugal, en concreto por un pequeno pobo no que se fala mirandés (variante do asturiano). Despois debes dirixirte cara a León e Asturias, onde se fala astur-leonés. Despois diríxeste ó país vasco, onde se fala euskera. Logo vas por Aragón, ondeos seus habitantes falan o aragonés. Máis tarde diso, diríxeste cara ó oeste para chegar a Cataluña, onde o seu idioma é o catalán, ó chegar á fronteira con Francia fálase o occitano.

Agora imos presentar o vasco debido ás súas peculiaridades lingüísticas, para comezar, a presenza do vasco na rede está representada por medios de comunicación como Berria.
Cabe destacar do vasco que non ten parentesco con ningunha das linguas faladas na Europa e é a máis antiga de todas elas, de feito existe desde a Prehistoria. Fai tempo, a área de fala do Éuskaro era moito máis ampla, pero foi recuando co tempo. De feito, fai 150 anos, o éuskaro era falado por máis da metade do país, agora non pasa do 25%, debido sobre todo á castelanización dos medios e das escolas.

Recomendámosche para rematar que acudas a algún festival ou proxección cinematográfica nunha destas linguas minoritarias porque sempre é interesante coñecer linguas e culturas novas.

Nenhum comentário:


Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
  • TAREFA I
    1. Lemos a entrada Sumándonos.
    2. Prememos en
    3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
    4. Prememos en Nova entrada
    5. Escribimos o texto coas presentacións.
    5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
    6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
    7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos.


  • TAREFA II
    0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
    1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
    Dúas vías para obter esa información:
    a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
    b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
    Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
    2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados?

  • TAREFA III
    1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
    (adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)

    Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:

    a)Unha vez que se abriu unha conta:


    b)Manexo dos mapas:


    c)Elaboración:


    Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
    Acceso a Glinkr
    2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO.

  • TAREFA IV
    1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
    2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
    2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo?
  • TAREFA V
    1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
    2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.