Queremos axudarvos a facer un percorrido dende Galicia ata Bruxelas que permita coñecer as linguas minorizadas.Para chegar ata Bruxelas é necesario atravesar Galicia, onde se fala o galego. Logo hai que pasar por Asturias que se fala o asturiano.Tras pasar por Asturias pasamos polo País Vasco, que se fala o euskara. A continuación pasamos por Aragón onde se fala o aragonés. Agora pasamos a Francia, onde se fala o francés, pero tamén outras linguas minorizadas como o occitano (que tamén se fala no Val de Arán, en Cataluña, onde esta recoñecido).
O GALEGO
Esta lingua atópase en Galicia. Fálana uns 2,7 millóns de falantes. Até os últimos tempos da Idade Media, e apesar da inclusión de Galicia na coroa de Castela, o uso do galego era xeral en todos os ámbitos, a partir da segunda metade do século XIV, a penetración do castelán foi aumentando, tanto na literatura como na administración.Ao mesmo tempo, o cultivo escrito da lingua foi diminuíndo e case desaparece. Nesta época, por outra banda, unha evolución lingüística diverxente xa afastara as falas de Galiza das de Portugal. Non foi até o século XIX co romanticismo cando se produciu o rexurdimento das letras galegas.Lingua cooficial en Galiza (non nos territorios do galego exterior). Cun grao de protección limitado: posúe recoñecemento legal e social, mais non recupera falantes.
A radio e televisión públicas galegas poden verse aqui.
Guía das tarefas actuais (abre/pecha)
- TAREFA VI
Realizade as actividades do caderno de prensa Xornalistas con xornalistas.
terça-feira, 15 de janeiro de 2008
BOA VIAXE
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
- TAREFA I
1. Lemos a entrada Sumándonos.
2. Prememos en
3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
4. Prememos en Nova entrada
5. Escribimos o texto coas presentacións.
5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos. - TAREFA II
0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
Dúas vías para obter esa información:
a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados? - TAREFA III
1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)
Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:
a)Unha vez que se abriu unha conta:
b)Manexo dos mapas:
c)Elaboración:
Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
Acceso a Glinkr
2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO. - TAREFA IV
1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo? - TAREFA V
1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário