O percorrido escollido pasa por: Galicia, onde se fala galego; logo atravesa por Asturias, León e parte de Portugal, onde se fala asturiano; despois polo País Basco e Nafarroa, onde se fala eusquera; en Aragón fálase aragonés; en Cataluña, Illas Baleares e Andorra fálase catalán; entón imos ata o sudoeste de Francia e Lleida, onde se practica o occitano ou provenzal.
Escollemos este percorrido porque é o máis adecuado para a xente que non coñece España e Francia nin as súas linguas.
Recoméndase revisar a historia da lingua galega:Falouse o galego como única lingua en Galiza ata a final da Idade Media, mais a partir do século XIV introduciuse o castelán coa nobreza vida de Castela. Os textos escritos en galego foron diminuíndo ata case desaparecer. Foi nesa época tamén cando se diferenza totalmente o galego e o portugués. O galego volveu a tomar forza co romanticismo ata chegar a normalización da lingua no século actual.
Hoxe en día o galego avanza na súa normalización pero aínda lle falta camiño. O galego perde falantes da xente nova, segue sendo a lingua maioritaria en Galicia.
A presenza do galego na rede é cada vez maior, como mostra esta páxina: A nosa terra.
A diversidade lingüística debe entenderse coma unha vantaxe, permite coñecer o mundo dende diferentes puntos de vista. Saber diferentes linguas é signo de intelectualidade.Visitando estes lugares aprendemos a valorar as linguas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário