Ímosche presentar o camiño por onde podes coñecer as linguas minorizadas dende Galicia ata Bruxelas. As linguas son: galego, falado por 2.500.000 falantes, asturiano, falado por 150.00-500.000 falantes (en Asturias, no oeste de León e na zona de Miranda, en Portugal), éuscaro, falado por 600.000 falantes (no País Vasco, Navarra e País Vasco-francés), aragonés, falado por 23.000 falantes (en Aragón), catalán, falado por 8.000.000 falantes (en Cataluña, Valencia e Illas Baleares, fundamentalmente) e, por último, occitano, falado por 1.000.000-3.000.000 falantes (no Sur de Francia).
Centrámonos na lingua asturiana, que é a máis próxima ao galego.
O asturiano naceu no século X e axiña tivo que convivir co castelán. Así, o asturleonés foise dialectalizando. Desde o século XVII, principalmente en Asturias, tivo un certo cultivo literario. Hoxe é Asturias o territorio de lingua leonesa onde hai máis falantes e onde se conserva unha vitalidade máis grande. Estes factores determinaron que na década de 1970 nacera aló o actual movemento de reivindicación lingüística.

O asturiano comeza a ter certa importancia na web; para apreciala, podemos consultar a páxina Asturies.com.
Recomendamos visitar estes territorios porque así seguramente entendamos mellor que a diversidade lingüística é unha vantaxe.
Nenhum comentário:
Postar um comentário