Para chegar ata Bruxelas saíndo de Galiza e coñecer o maior número de linguas, debes seguir esta ruta.
Saíndo por Galiza, onde se fala unha lingua con 2.500.000 de persoas. Segues pasando por Asturias onde se fala o leonés, que é a que practican entre 150.000 e 500.000 persoas. Logo encontras o País Vasco, onde se fala o euquera, que é falada por 600.000 persoas. Despois o aragonés, que está en vías de extinción porque a falan 23.000 persoas. E por último, o catalán, que é a que máis se fala en España despois do castelán, é o idioma do que falaremos de seguido.
O catalán é a lingua cooficial en Cataluña, Valencia, Illas Baleares e Andorra. En Cataluña, ten un goberno autónomo que a impulsa, recupera falantes. Ven respaldada desde institucións e sociedade. O catalán ten bastante presenza na rede como por exemplo en Avui.
Tamén é importante entender a diversidade de linguas como unha vantaxe: para coñecer mellor o mundo, poder coñecer máis persoas que non falen o teu idioma, fomentar o uso das linguas, etc...
Guía das tarefas actuais (abre/pecha)
- TAREFA VI
Realizade as actividades do caderno de prensa Xornalistas con xornalistas.
segunda-feira, 14 de janeiro de 2008
O plurilingüismo Galiza-Bruxelas
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Guía das tarefas xa realizadas (abre/pecha)
- TAREFA I
1. Lemos a entrada Sumándonos.
2. Prememos en
3. Introducimos o correo do grupo (3_grupo_@gmail.com) e a clave ou contrasinal.
4. Prememos en Nova entrada
5. Escribimos o texto coas presentacións.
5. Creamos a ligazón coa páxina do IES, que ten este url: http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/
6. Inserimos a imaxe máis axeitada que atopemos.
7. Poñemos arriba o título e abaixo a etiqueta co nome da aula:3ºA, 3ºB, 3ºC ou 3ºD, e publicamos. - TAREFA II
0. Revisade os erros e as formas non adecuadas (marcados con distinta cor) da vosa primeira entrada no blogue.
1. Poñédevos un pouco ao día sobre os temas que ocupan as asociacións similares ás vosas, co obxectivo de poder decidir logo cal é a cuestión que necesita ser atendida ou solucionada con máis urxencia. Anotade os temas principais.
Dúas vías para obter esa información:
a) Directorios de asociacións, en Vieiros e na Guía da comunicación, da Xunta.
b) Buscadores (situados nas barras superiores ou laterais) desta prensa dixital: Vieiros, Galicia Hoxe, Chuza!.
Así, por exemplo, se a nosa asociación pertencese ao ámbito do feminismo, poderiamos atopar no directorio de Vieiros a páxina feminismo.info, e informarnos de que a asociación Marcha mundial das mulleres está a traballar na concienciación sobre a necesidade de compartir, homes e mulleres, os traballos da casa, na regulación ou erradicación da prostitución, etc.
2. Se precisades seguir a opción b), ide anotando as palabras clave que empregades para buscar información. Variástelas para precisar máis? Con cal(es) e en que buscador conseguides mellores resultados? - TAREFA III
1. A Web 2.0 permite acceder a múltiples ferramentas na rede para presentar coñecementos. Por exemplo para facer mapas conceptuais. De xeito moi sinxelo:
(adaptación de http://mapasconceituais.cap.ufrgs.br/)
Un dos sitios onde podemos construílos é Glinkr. Revisade esta pequena guía:
a)Unha vez que se abriu unha conta:
b)Manexo dos mapas:
c)Elaboración:
Agora accedede a Glinkr, introducide os datos que se vos indiquen, escollede o mapa do voso grupo e esquematizade os contidos principais da explicación do obradoiro 3. Revisaranse logo os resultados e o mellor deles será publicado no noso blogue.
Acceso a Glinkr
2. Podedes coñecer outros sitios web para facer mapas conceptuais, como bubbl.us ou apreciar como funciona un buscador que presenta os resultados organizados nun mapa; probade a buscar, por exemplo, lingua galega eso aprendizaxe e movédevos polo mapa, podedes atopar algo moi moi próximo! O buscador en cuestión é KartOO. - TAREFA IV
1. Realizade estas actividades con atención (rexístranse os resultados).
2. Podedes ler máis exemplos de diferentes tipos de texto aquí. Clasificádeos.
2. Revisade algúns xéneros textuais nesta páxina. Cales poden considerarse do ámbito administrativo? - TAREFA V
1. Resolvede esta procura do tesouro, gardade as respostas e enviádeas a través do formulario do menú despregábel da cabeceira deste blogue.
2. Realizade as actividades do segundo caderno interactivo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário